Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

EU pronunciase en contra da Lei de Augas de Galicia e propón a existencia dun mínimo gratuíto para "garantir unha vida digna".

Correo-e Imprimir PDF

yolanda diaz_euA executiva nacional de Esquerda Unida pronunciouse en contra do cobro do canón da auga que contempla a Lei de augas de Galicia aprobada en novembro de 2010, no entendido que "supón a mercantilización dun ben público universal como é a auga".

A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, indicou que "esta lei ten un carácter eminentemente recadatorio, apostamos por garantir a gratuidade da cantidade de auga necesaria para manter unha vida digna"

"Paragaremos un imposto da auga só polo feito de estar vivos."

O CIT Val Miñor recibe 12.000€ da Deputación de Pontevedra para promoción turística da bisbarra.

Correo-e Imprimir PDF

cit-valminor-valverde-darioO alcalde de Nigrán Alberto Valverde, fixo hoxe entrega dun cheque por valor de 12.000 euros a Darío Álvarez, presidente do Centro de Iniciativas Turísticas Val Miñor, con motivo dunha subvención concedida a este colectivo polo Padroado Turismo Rías Baixas. Agregan que a subvención cobre o 88,9% do orzamento total solicitado, que permitiu ao CIT a produción de 6.000 planos de peto e 10.000 folletos turísticos da contorna.

Mougás ficou sen curro, mais Baiona encheuse de cabalos.

Correo-e Imprimir PDF

1marcha-cabalos-2012Un centenar de persoas desafiaron a choiva do domingo para manifestar a pé e a cabalo contra o Decreto da Xunta de Galicia que obriga a colocar un microchip aos cabalos ceibes do monte. Convocados pola Asociación de Gandeiros de Cabalos do Monte da Groba, percorreron sete quilómetros dende Fontes (parroquia de Baíña - Baiona) até o Curro de Mougás (Oia). "NON OS M- CHIPS SÍ AS MARCAS" podíase ler na pancarta que abría a marcha que transitou pola Virxe da Rocha, todo o paseo marítimo de Baiona, remontou no Burgo cara Baíña para rematar en Mougás, onde tiña que celebrarse o tradicional curro que como ven acontecendo ao longo do ano con estas festas tradicionais, suspendeuse en signo de protesta.

A Comisión Europea investigará os altos índices de contaminación da "Doñana galega" da Foz do Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Foz do Miñor - LIC Rede Natura 2000O Parlamento Europeo admite a trámite a denuncia de Salvemos Monteferro polos altos índices de contaminación na Foz do Miñor e solicita a investigación da comisión Europea.

A Foz do Miñor é unha das dúas únicas zonas pechadas ao marisqueo en toda España polos seus altísimos niveis de contaminación por augas fecais. Nos últimos 10 anos a contaminación aumentou nun 800%.

Os índices desproporcionados de contaminación da Foz do Miñor contrastan cos criterios medioambientais da ADEAC para concederlle ao seu paseo litoral unha bandeira Azul.

Cinco praias do Val Miñor e os dous portos deportivos de Baiona reciben a Bandeira Azul 2012.

Correo-e Imprimir PDF

vista nigranA Fundación Europea de Educación Ambiental galardonou esta mañá coa Bandeira Azul 2012, ás praias Os Frades, Santa Marta e A Barbeira do concello de Baiona, así como as de Nigrán, Praia América e Patos. O mesmo galardón foi outorgado na categoría Portos ao Monte Real Club de Yates de Baiona e ao Porto Deportivo de Baiona.

O NPC establace unha coordinadora nacional e anuncia a súa participación en futuras convocatorias electorais.

Correo-e Imprimir PDF

Asemblea TeoCoa presenza de 43 representantes das asembleas locais e comarcais de toda Galicia tivo lugar na mañá do sábado 2 de xuño no Concello de Teo a conformación dunha coordinadora nacional da corrente nacionalista Novo Proxecto Común. Ademais da instalación do órgano, a organización manifestou públicamente a súa vontade de participar en "futuras convocatorias electorais".

Ten razón...pero marche preso. A UE arquiva o recurso dos gandeiros d'A Groba contra o Microchip.

Correo-e Imprimir PDF

manifestacion-BaionaA Dirección Xeral de Saúde e Consumidores da Unión Europea entendeu que instrumentación das marcas tradicionais como alternativa á implantación dun microhcip aos cabalos ceibes de Galicia é unha potestade mais non un deber da Xunta de Galicia. Nunha resolución emitida o pasado 30 de maio, a UE acepta que o tipo de rexistro tradicional que defenden os gandeiros d'A Groba é valido, pero arquivará un reclamo presentado por estes ante o organismo, por entender que a solución do conflito é competencia das autoridades nacionais ou rexionais dos Estados membros da Unión.

Manifestación en defensa da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF

Manifestación da plataforma en Santiago o pasado mes de novembroA Plataforma SOS Sanidade Pública fixo un chamamento este martes a participar na manifestación que para este domingo organiza en Santiago de Compostela en contra dos recortes e a privatización da sanidade pública, tanto polas medidas en Galicia, como polo decreto impulsado polo Goberno central que, entre outras cuestións, introduce o copago para os pensionistas nos fármacos. Neste sentido, advertiron de que, segundo os seus cálculos, os xubilados galegos terán que abonar 80 euros ao mes, de media, para facer fronte aos medicamentos que lles son recetados.

A plataforma do Val Miñor porá a disposición o transporte en autobús, para acudir á manifestación a Santiago.

A Mancomunidade de Montes do Val Miñor rexeita as fumigacións co insecticida prohibido pola UE.

Correo-e Imprimir PDF

densa-monte-comunal-val-minA fumigación dos montes da bisbarra có pesticida Flufenoxuron foi rexeitada pola Mancomunidade de Montes do Val Miñor, nunha xuntanza o pasado venres en Borreiros. Nomeadamente, os comuneiros manifestan a súa preocupación pola posible contaminación que sobre augas, flora e fauna da bisbarra provocaría este produto prohibido nas listaxes fitosanitarias da Unión Europea. Nembargante, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto asegurou ante o Parlamento Galego que “o insecticida usado contra o gorgullo do eucalipto é un produto legal e o único autorizado para este tratamento”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL