Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

A Marcha Mundial das Mulleres manifestarase ás 12 horas en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

A Coordinadora Nacional Galega integrante da Marcha Mundial das Mulleres convoca a una manifestación contra a violencia de xénero no marco do Día Internacional contra a violencia cara as mulleres. A mesma partirá este domingo ás 12 horas dende a Farola de Urzaiz (Vigo).

XX aniversario da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

Correo-e Imprimir PDF

cemma-lifeEste sábado día 24 de novembro as 12:00 h, no Centro Neural de Gondomar, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) celebrará o seu XX aniversario presentando o resultado das campañas LIFE+: Inventario e Designación da Rede Natura 2000 en Áreas Mariñas –INDEMARES.

O xornalista galego Iván Gil ferido polos antidisturbios de Madrid durante a folga do 14-N

Correo-e Imprimir PDF

agresion ivan_gil-O Colexio de Xornalistas condena a agresión sufrida polo fotógrafo Iván Gil de "EL Confidencial" durante a cobertura da folga xeral do 14-N.

-Un axente antidisturbios disparoulle unha pelota de goma a pesar que o xornalista ensinaba o seu cartón de prensa.

Cinco mil persoas asinan alegacións contra o proxecto eólico no Galiñeiro durante as mobilizacións do 14-N.

Correo-e Imprimir PDF

voluntariosA marea humana que inundou as rúas de Vigo durante a folga xeral do 14 N permitiu á Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro xuntar 5.000 alegacións contra o proxecto de instalación dun parque eólico no enclave. Voluntarios distribuíron e recolleron os documentos alegatorios durante a mobilización. O colectivo pretende acadar milleiros de documentos antes do 30 de novembro data de peche para as alegacións.

A folga xeral do 14-N deixa a súa pegada no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

14N- Por primeira vez na historia tivo lugar unha concentración de traballadores e veciños no Val Miñor durante unha folga xeral.

- A Garda Civil e a Policía Local de Nigrán seguiron o acto sen producirse incidentes.

- Os piquetes miñoranos obteñen o peche de Gadis, Día e a Piscina Mancomunada tras dialogar cos traballadores.

O SXG convoca a todos os traballadores da comunicación, tamén aos da prensa escrita, á folga xeral este mércores

Correo-e Imprimir PDF

folgaO Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) chama a todos os traballadores do sector da comunicación a secundar á folga xeral deste mércores, 14 de novembro. O SXG destaca que por vez primeira tamén os asalariados dos diarios en papel están convocados ao paro o mesmo día que o resto de proletarios, e non un día antes, como sucedeu nos anteriores paros xerais.

Bota andar unha campaña cidadán de alegacións ao proxecto eólico na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

vigo-cumbre-Durante a xornada de folga xeral deste mércores 14 de novembro haberá puntos de recepción e documentos para asinar na Praza América e nas Travesas (Vigo)

A Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro bota andar nas redes e nas rúas unha campaña cidadá cara a presentar alegacións contra o parque eólico que a Xunta de Galicia ten proxectado instalar neste enclave miñorano. O tempo aprema e o vindeiro 30 de novembro pecha o prazo para presentar as devanditas alegacións na Xunta. Por iso, a Plataforma xunto con decenas de organizacións sociais de toda Galicia poñen a disposición un modelo de alegación para descargar e asinar. As mesmas deberán ser entregadas antes desa data

Esquerda Unida do Val Miñor fai un chamamento para concentrarse na Ramallosa con motivo da folga xeral

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz da convocatoria de EUESQUERDA UNIDA do Val Miñor, organización integrante da nova formación política que concurriu ás recentes eleccións autonómicas Alternativa Galega de Esquerda, fixo onte un chamamento aos veciños e veciñas do Val Miñor a concentrarse na Ramallosa o día 14 de novembro co gallo da folga xeral convocada para ese día.

A concentración, que será unha mostra de apoio á convocatoria de folga xeral, está programada para as 17:00 do mércores 14 de novembro fronte a Capela de San Campio, na rotonda de Ramallosa en Nigrán.

Concentración e lectura dun manifesto contra a violencia de xénero esta tarde diante do MARCO .

Correo-e Imprimir PDF

O colectivos de mulleres miñoranas integrantes da Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca a participar nunha concentración de denuncia da violencia de xénero. Nomeadamente o colectivo quere amosar a súa repulsa ante o asasinato de Marisol Aller, veciña de Narón coa que os casos de mortes por violencia de xénero chega a 39 casos no que va do ano. O acto terá lugar este xoves 8 de novembro ás 20:00 horas dianto do MARCO (Vigo), na Rúa Príncipe de Vigo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL