ESQUERDA UNIDA do Val Miñor, organización integrante da nova formación política que concurriu ás recentes eleccións autonómicas Alternativa Galega de Esquerda, fixo onte un chamamento aos veciños e veciñas do Val Miñor a concentrarse na Ramallosa o día 14 de novembro co gallo da folga xeral convocada para ese día.
A concentración, que será unha mostra de apoio á convocatoria de folga xeral, está programada para as 17:00 do mércores 14 de novembro fronte a Capela de San Campio, na rotonda de Ramallosa en Nigrán.
"A situación é dramática con continuos recortes de dereitos, tanto laborais como sociais, que xa están a producir as primeiras vítimas mortais. Para parar estes ataques é necesaria unha mobilización dos traballadores, dos 5000 parados da comarca e de toda a poboación, xa que todas as persoas están afectada polas políticas neoliberais que están a levarse a cabo".
Esquerda Unida sinala o caracte desta folga xeral de traballadores como unha folga social, onde non se consuma, e non se empreguen os servizos públicos y convidan a secundar á participación a estudantes, xubilados, pensionistas, autónomos, etc.. a través das mobilizacións convocadas en todo o país.