Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Por mor da folga xeral o curso de Prevención de riscos laborais en Gondomar comezará en abril.

Por mor da folga xeral o curso de Prevención de riscos laborais en Gondomar comezará en abril.

Correo-e Imprimir PDF
prevencion-riesgos-laborales

A concelleira de Formación e Emprego de Gondomar, Natalia Salgueiro deu a coñecer esta mañá que o comezo do Curso de Prevención de Riscos Laborais previsto inicialmente para o vindeiro xoves 29 de marzo será trasladado ao día 12 de abril. A mudanza foi xustificada pola concellaría co fin de evitar "coincidir -a inauguración do curso- con la convocatoria de huelga general".

 

Salgueiro tamén informou que aínda quedan praza para os interesados en participar neste curso, de carácter gratuíto, que se desenvolverá no Centro Neural de Gondomar, no horario de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 horas.

Nese senso, o Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar achegará a quen o solicite o impreso de solicitude que logo de cumprimentado deberá entregarse acompañado dunha fotocopia do documento de identidade, da tarxeta sanitaria, e da cabeceira da nómina (traballadores en activo), tarxeta de demandante de emprego (desempregados) ou o derradeiro recibo de autónomo (autónomos da construción).

O curso, que é co-organizado pola Fundación Laboral da Construción, pon a disposición dos interesados o teléfono 986 38 40 20.