Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

A Xunta modificará un treito perigoso no carrilbici Vigo - A Garda, á altura de Porto Senín.

Correo-e Imprimir PDF

carrilAs demandas de maior seguridade e modificacións do actual trazado do carrilbici Vigo - A Guarda comezan a ter efecto nas autoridades autonómicas. Nesta xornada, Ethel Vázquez Mourelle, directora da Axencia Galega de Infraestruturas comprometeuse a mellorar as bermas asfaltadas e desniveis da beiravía situada no PK 29,600 da PO-552 na altura de Porto Senín, denunciadas ante o organismo polo concelleiro Miguel Giráldez (BNG-Oia) por non cumprir coas medidas "mínimas de seguridade".

Máis de 200 ciclistas marcharon en contra do actual estado do Carrilbici Vigo - A Guarda.

Correo-e Imprimir PDF

marcha-baiona-carril-biciUnha morea de deportistas e veciños da bisbarra rodaron durante case unha hora dende Vigo ata Baiona o pasado domingo, en reclamo de máis seguridade e modificacións ao actual trazado do carrilbici que vai dende Vigo á A Guarda. Unha longa columna que ocupou parte do carril e parte a calzada da Estrada pola Vía, se fixo notar ao longo do traxecto, que pola súa dimensión sorprendeu ata os propios convocantes, segundo manifestaron a Valminor.info.

Marcha ciclista dende Vigo a Baiona en reclamo de modificacións ao actual carrilbici Vigo-A Guarda.

Correo-e Imprimir PDF

cesar-cabreira-rodriguezCiclistas de tódala pronvicia de Pontevedra preparan unha marcha para este domingo 2 de setembro en reclamo de maior seguridade e remodelación do carrilbici Vigo - A Guarda. "Queremos chamar a atención da veciñanza e as autoridades para evitar accidentes", afirmou a Valminor.info, César Cabreira Rodríguez, deportista que tivo a iniciativa de agrupar aos usuarios do carril a través das redes. A mobilización comezará ás 11 horas no aparcadoiro do supermercado Froiz de Navia e transcorrerá a modo ata o Parador de Baiona onde se xuntarán con ciclistas do Baixo Miño, Ponteareas e Porriño.

Araúxo presentará una moción contra á eliminación da mancomunidade do Val Miñor e a Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

mancomunidade val_minor_WinCEO concelleiro nacionalista de Gondomar, Antonio Araúxo, presentará unha moción de rexeitamento ao anteproxecto de Lei de "Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local" que está a promover o goberno de España. A medida será plantexada ante o Pleno da Mancomunidade do Val Miñor, organismo que desaparecerá de aprobarse o anteproxecto gobernamental, xunto coa Entidade Local Menor de Morgadáns. O debate terá lugar este martes.

Convocan concentración en Vigo fronte ao MARCO, contra a "reforma Gallardón" da Lei de Aborto .

Correo-e Imprimir PDF

gallardonrouco-300x220A Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca a unha concentración diante do MARCO (Vigo) para este martes 28 de agosto ás 20:30 horas. Con esta medida, a coordinadora -na que participan colectivos do Val Miñor- pretende amosar o seu desacordo coas modificacións propostas polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, á vixente lei 2/2010 da saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Nomeadamente ante os intentos cara a restrinxir o dereito en casos de minusvalía ou malformación do feto.

Elecións autonómicas o 21 de outubro

Correo-e Imprimir PDF

Parlamento de GaliciaEsclarécense todas as incógnitas sobre o rumor do adianto electoral en Galicia. O presidente Nuñez Feijoo, fixo público pouco antes das 12 do mediodía, a data oficial para os próximos comicios autonómicos galegos.

Queda anulada a comisión de investigación das caixas de aforros e tamén quedarán polo camiño once leis que estaban en proceso de debate ou aprobación, ou cando menos prometidas

Afectados mobilízanse nas redes contra os perigos que agocha o carrilbici Vigo - A Guarda.

Correo-e Imprimir PDF

esquivando-el-bultoCon pouco máis de 48 horas de vida un Blog de afectados pola construción do carrilbici Vigo - A Guarda leva próximo ás 1000 visitas e máis de 200 seguidores na rede social Facebook. Cunha participación maioritaria de deportistas do pedal que utilizan esta ruta nos seus desprazamentos, estas páxinas procuran nunha primeira etapa amosar os prexuízos que o actual deseño do carrilbici presenta á hora de percorrerllo, os graves perigos que agocha para ciclistas e viandantes así como xerar un espazo de unión dos afectados para programar actividades de denuncia.

O Sindicato de Xornalistas condena a violenta detención dun fotógrafo en Peinador

Correo-e Imprimir PDF

Momento da detención do fotógrafo en Peinador - Imaxe Ponte.tvO Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia a violencia gratuíta e innecesaria coa que foi detido onte o fotógrafo do Diario de Pontevedra no Aeroporto de Peinador, Vigo. Como se pode comprobar nas imaxes publicadas, axentes da Unidade de Intervención Policial chegaron a pórse sobre sobre R. E. tras botalo ao chan para esposalo e arrestalo.

Os novos centros de saúde do Val Miñor terán menos servizos cos orixinalmente proxectados.

Correo-e Imprimir PDF

 

 

novos centros_saude

O tamaño do centro de saúde de Gondomar diminue nun 43% e o de Panxón nun 13% en relación os proxectos orixinais.

O proxecto final dos novos centros de saúde a construír pola Xunta de Galicia en Nigrán e Gondomar terán menos servizos que os contemplados no seu orixe. O feito foi denunciado polas agrupacións miñoranas de Esquerda Unida, logo de analizar o acordo da Xunta de Galicia do 1 de agosto de 2012, e a publicación do DOG do día 10, onde o ente autonómico autorizou o expediente para a contratación conxunta da redacción dos proxectos, dirección de obras, mantemento e subministración enerxética de 15 novos ambulatorios.

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL