Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Afectados mobilízanse nas redes contra os perigos que agocha o carrilbici Vigo - A Guarda.

Afectados mobilízanse nas redes contra os perigos que agocha o carrilbici Vigo - A Guarda.

Correo-e Imprimir PDF
esquivando-el-bulto

Con pouco máis de 48 horas de vida un Blog de afectados pola construción do carrilbici Vigo - A Guarda leva próximo ás 1000 visitas e máis de 200 seguidores na rede social Facebook. Cunha participación maioritaria de deportistas do pedal que utilizan esta ruta nos seus desprazamentos, estas páxinas procuran nunha primeira etapa amosar os prexuízos que o actual deseño do carrilbici presenta á hora de percorrerllo, os graves perigos que agocha para ciclistas e viandantes así como xerar un espazo de unión dos afectados para programar actividades de denuncia.

 

Denuncias.

Colectores de lixo, coches aparcados e cachos de pedra, son algúns dos obstáculos cos que teñen que lidar da cotío os usuarios, segundo as denuncias publicadas na rede. A iso súmase a entrada a fincas e garaxes no propio borde da pista que os afectados teñen fotografadas e colgadas en Internet. Pero o que máis subliñan nos post son os problemas de seguridade: convivencia de peóns e ciclistas en moitos tramos sen sinalizar, e os encontros de grupos de deportistas -ás veces con velocidades por riba dos 30 km/h- en direccións opostas en tramos sen suficiente espazo para manobrar.

Irene, unha das afectadas comenta: "Yo el otro dia fui a probar el carril y además de que casi pincho por todas las cosas que hay en el suelo, casi me choco contra dos personas que iban caminando". Noutra entrada, Javier describe que " Te encuentras peatones, coches de mariscadores, furgonetas aparcadas, turismos haciendo fotos, gente con patines, camión de la basura recogiendo de los contenedores ( el otro día el chófer al abrir la puerta no me llevo por delante de milagro) etc. Algún día va haber un accidente."

Correo ao presidente da Deputación de Pontevedra.

César, un dos creadores do Blog e o grupo en Facebook informa nos mesmos que hai un ano fíxolle chegar a Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, un correo a fin de polo ao tanto das repercusións da construción sobre os usuarios, ademais de suxerirlle trocar a obra a outros fins. Na súa resposta, colgada no Blog, o presidente deslinda responsabilidades "o proxecto o que vostede se refire foi redactado e adxudicado pola Xunta Bipartita". E engade que " é certo que o proxecto e moi cuestionable, pero non podemos recibir unhas culpas que lle corresponden a outros que non tiveron en conta as opinións dos alcaldes da zona, nin chegaron a ter a sensibilidade necesaria para facer unha actuación que ademais de mellorar a seguridade vial, respectase a paisaxe da zona."

Carrilbici "patrimonio da humanida' "

O colectivo de afectados, que aínda non ten formalizada unha plataforma, está integrado non só de xeito individual, senón tamén por varias coñecidas agrupacións e clubs ciclistas do Val Miñor, Vigo, o Baixo Miño e outras bisbarras da provincia. A súas últimas entradas e comentarios xiran cara a promover actividades públicas onde amosar aos veciños e autoridades a problemática a que se enfrontan co actual deseño do carrilbici, "unha marabilla, patrimonio da humanida' " como o cualificou uns dos internautas.