Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Máis de 200 ciclistas marcharon en contra do actual estado do Carrilbici Vigo - A Guarda.

Máis de 200 ciclistas marcharon en contra do actual estado do Carrilbici Vigo - A Guarda.

Correo-e Imprimir PDF
marcha-baiona-carril-bici
foto-marcha-carril-bici
foto-marcha-carril-bici-pol
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Unha morea de deportistas e veciños da bisbarra rodaron durante case unha hora dende Vigo ata Baiona o pasado domingo, en reclamo de máis seguridade e modificacións ao actual trazado do carrilbici que vai dende Vigo á A Guarda. Unha longa columna que ocupou parte do carril e parte a calzada da Estrada pola Vía, se fixo notar ao longo do traxecto, que pola súa dimensión sorprendeu ata os propios convocantes, segundo manifestaron a Valminor.info.

 

"Carrilbici, asasino!" corearon varios deles ao longo da marcha. Unha andaina que decidiron reiterar e mellorar na súa organización. De feito, trátase dun colectivo que só contou con dúas ferramentas para a divulgación e convite dos participantes: un blog e un grupo na rede Facebook durante unha semana.

Nun análise feito por César Cabreira, uns dos deportistas convocantes, no sue blog , menciona como feitos positivos que deixou a concentración a participación "por encima do esperado", o feito de que "Fixémonos oír e ver na zona", así como os "comentarios" xerais que sostén "foron positivos e de que había que repetir". Por outra banda e sen dúbida tamén importante, o encontro permitiu que a maioría deles se coñeceran persoalmente, logo de unha semana de intenso contacto a través de Internet.

Tamén, nun xesto de autocrítica, Cabreira entende que "Houbo algúns problemas de organización sobre todo á hora de chegar a Baiona". Sinala que "Non se pediu permiso para facer a marcha e puido haber problemas coa Garda Civil", xeito que non sucedeu, segundo comunicou a este xornal.

24 horas despois as redes volveron a ser a canle de comunicación entre os usuarios descontentos co carrilbici. Ademais de compartir as fotografías e vídeos resultantes da marcha, os usuarios comezaron a intercambiar ideas cara a unha nova concentración para os vindeiros días.