Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia a construción de muros ilegais, por parte da Xunta de Galicia, nas obras do carril-bici en Nigrán

UCN denuncia a construción de muros ilegais, por parte da Xunta de Galicia, nas obras do carril-bici en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
UCN denuncia a construcción de muros ilegais por parte da Xunta
UCN denuncia a construcción de muros ilegais por parte da Xunta
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Antonio Fernández Comesaña, portavoz da partido Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN/CDL), denunciou no pasado pleno de abril, a construción de muros ilegais na ctra. pola Vía con motivo das obras do carril bici  realizadas pola Xunta de Galicia. Segundo a denuncia de UCN, as obras estánse realizando "incumprindo flagrantemente os retranqueos e aliñacións establecidos no plan urbanístico municipal".Antonio Fernández Comesaña, portavoz da partido Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN/CDL), denunciou no pasado pleno de abril, a construción de muros ilegais na ctra. pola Vía con motivo das obras do carril bici que se están realizando, "incumprindo flagrantemente os retranqueos e aliñacións establecidos no plan urbanístico municipal". Fernández sinala que as casos máis acuciados se presentan na zona de Praia América "onde se establece ás vías de tipo I retranqueos de 12,50 metros do eixo da calzada nunha vía de 25 mts. de ancho, sen que aínda se adopte medida algunha."

Fernández suliñou que "curiosamente, a parte de incumprir a lei, están a cometerse agravios comparativos entre cidadáns, xa que mentres estes solicitan permiso para realizar peches, impónselle retranqueos de 12,50, 12, 10 e 6 mts. do eixo da rúa, segundo trátese de vías en chan urbano, de núcleo rural, chan rústico ou camiños veciñais, pero é aínda máis escandaloso que sexa a propia administración autonómica que constrúa muros e pagados con diñeiro público, quen está a incumprir a lei, en moitos casos sen ceder terreo e cando nin tan sequera existían peches, hipotecando o desenvolvemento futuro, contando coa complicidade do goberno local."

UCN/CDL instou o alcalde Alberto Valverde, a que de forma inmediata paralice as obras tanto en Praia América como en Panxón (cruce da Bouzabella), e inicie os expedientes de restauración da legalidade urbanística, por infracción grave e vulneración da Lei. "O Alcalde está obrigado a velar polo cumprimento da Lei, a cumprila e facela cumprir, polo que a administración debe dar exemplo."

O lider centrista opina que as obras "do mal chamado carril bici, son unha clara homenaxe ao malgasto de diñeiro público, xa que para nada van conseguir ó fin proposto" e engaden que eran máis necesario a construcción de beirarrúas.