Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Marcha ciclista dende Vigo a Baiona en reclamo de modificacións ao actual carrilbici Vigo-A Guarda.

Marcha ciclista dende Vigo a Baiona en reclamo de modificacións ao actual carrilbici Vigo-A Guarda.

Correo-e Imprimir PDF
cesar-cabreira-rodriguez

Ciclistas de tódala pronvicia de Pontevedra preparan unha marcha para este domingo 2 de setembro en reclamo de maior seguridade e remodelación do carrilbici Vigo - A Guarda. "Queremos chamar a atención da veciñanza e as autoridades para evitar accidentes", afirmou a Valminor.info, César Cabreira Rodríguez, deportista que tivo a iniciativa de agrupar aos usuarios do carril a través das redes. A mobilización comezará ás 11 horas no aparcadoiro do supermercado Froiz de Navia e transcorrerá a modo ata o Parador de Baiona onde se xuntarán con ciclistas do Baixo Miño, Ponteareas e Porriño.

 

Os convocantes á marcha esixen entre outras reclamacións, a eliminación inmediata dos reflactantes situados como divisoria dos carrís para o tráfico automotor e as bicicletas, debido ao risco que supoñen. "Cando marchas en grupo se corre o risco de tropezar con eles e provocar un grave accidente", sinalou César Cabreira. De feito, nunha visita pola zona de Oia, púidose comprobar que algúns desas divisorias están feitas de formigón e non de materias brandos, máis adecuados.

Tamén se solicita ás autoridades o mantemento, limpeza e conservación do carril, a eliminación dos obstáculos do trazado (colectores de lixo, postes, pedras, etc), a sinalización vertical durante o percorrido, o control de aparcamentos, e modificacións na circulación dalgúns tramos específicos.

A marcha é aberta a todo público e todas as persoas que dispoñan dunha bicicleta poden participar. " A marcha será amodo", explicou César Cabreira, porque o que interesa é que podan asistir todas as persoas que o desexen.

Os usuarios aportan día a día imaxes dos diferentes problemas e defectos do trazado que son compartidos nun grupo que posúen na rede Facebook (que leva máis de 1200 membros en menos dunha semana), así como no Blog creado para información xeral, con máis de 3000 visitas no mesmo período.