Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Xunta modificará un treito perigoso no carrilbici Vigo - A Garda, á altura de Porto Senín.

A Xunta modificará un treito perigoso no carrilbici Vigo - A Garda, á altura de Porto Senín.

Correo-e Imprimir PDF
carril

As demandas de maior seguridade e modificacións do actual trazado do carrilbici Vigo - A Guarda comezan a ter efecto nas autoridades autonómicas. Nesta xornada, Ethel Vázquez Mourelle, directora da Axencia Galega de Infraestruturas comprometeuse a mellorar as bermas asfaltadas e desniveis da beiravía situada no PK 29,600 da PO-552 na altura de Porto Senín, denunciadas ante o organismo polo concelleiro Miguel Giráldez (BNG-Oia) por non cumprir coas medidas "mínimas de seguridade".

 

Giráldez presentou un escrito o pasado 27 de agosto, na que advertía sobre a perigo dun illote que a empresa ACCIONA INFRAESTRUCTURAS S.A (encargada da obra), está a rematar no devandito paraxe como parte do desenvolvemento do "Itinerario ciclista Baiona - A Guarda", como se o denomina oficialmente. O concelleiro nacionalista denunciou que as bermas "asfaltadas ten medidas irregulares e en algúns puntos menos de 60 cm de ancho, ademais o escalón con respecto a cuneta (zona sen asfalto) e de máis de 15 cm". No informe, Giráldez agregaba que " O máis sangrante e que se dispón de espazo para asfaltar bermas máis anchas".

Logo de aclarar que "ninguén solicitou dita obra en Porto Senín", Giráldez expuxo que co actual trazado "agora non hai zona de estacionamento para os veciños e veciñas, pescadores e surfeiros que gozan desa zona da costa de Viladesuso."

A resposta de Ethel Vázquez Mourelle.

A directora Ethel Vázquez Mourelle respondeu esta mañá ao concelleiro a través dunha nota na que explica que o devandito illote ten por obxectivo o "acondicionamento dun acceso existente e habilitar un cambio de sentido dun modo seguro", segundo comunicáronlle dende o servizo de Infraestruturas de Pontevedra. Engadindo que o proxecto desenvólvese seguindo a Orde Circular 3/2007 da Dirección Xeral de Obras Públicas.

Nembargante, Vázquez Mourelle asegurou que fixo unha comunicación á dirección de obra para que "arranxe o antes posible" as zonas onde existe beiravía estreita e desnivel , "co obxecto de mellorar o tránsito peonil neste treito".