Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

AGE demanda á Xunta que a partida orzamentaria dos centros de saúde do Val Miñor medre en 2:5 millóns de euros.

Correo-e Imprimir PDF

eva-solla-Alternativa Galega de Esquerda presenta unha enmenda aos orzamentos 2013 da Xunta de Galicia ca fin de construír centros de saúde "axeitados ás necesidades da poboación" do Val Miñor.

-A actual proposta orzamentaria da Xunta diminúe en catro consultas o centro de Panxón e en seis as de Gondomar en relación aos proxectos orixinais.

Os profesores do IES Auga da Laxe únense aos "Venres Negros" contra a reforma Wert do ensino.

Correo-e Imprimir PDF

manifestacion-ies-auga-da-l-" A educación non é un gasto, é un investimento" dicía a pancarta que presidía a concentración docente.

O informe anual da rede de varamentos rexistra 214 casos de morte de especies mariñas ameazadas nas costas galegas.

Correo-e Imprimir PDF

varamento-golfino-cemma-No Val Miñor tiveron lugar nove varaventos segundo datos do informe 2012 da rede.

A neve volve a ser a protagonista na Serra da Groba

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da neve na Serra da Groba - Fotografía © Gaby González A xornada de fortes choivas e baixas temperaturas causadas polo frente de baixas presións que azota Galicia estes días, deixou onte esceas máis propias doutras latitudes.

O cumio da serra da Groba volveu a cubrirse de branco e a neve callou onte durante unhas horas.

 

A Xunta defende a empresa de salvamento marítimo ante a morte da percebeira de Oia

Correo-e Imprimir PDF

Rosa Quintana durante a presentación dos orzamentos de 2013CC BY-SA Praza PúblicaFronte á petición de explicacións, pechada defensa da empresa privada. A conselleira do Medio Rural e do Mar acudiu este mércores ao Parlamento para presentar os orzamentos do seu departamento e atopouse con tres esixencias de rendición de contas, unha por cada grupo da oposición, pero non só en materia financeira, senón polo sucedido o pasado decembro, cando a tardanza dun helicóptero de salvamento marítimo se saldou co falecemento dunha mariscadora en Oia.

Alerta vermella e laranxa en todo o litoral por temporal con fortes ventos e intensas choivas

Correo-e Imprimir PDF

Radar de precipitacións - Imaxe Meteogalicia"Gong", a primeira cicloxénese explosiva deste ano chega a Galicia con fortes ventos e choiva.

Meteogalicia mantén o nivel de alerta vermella para a costa, con ventos de compoñente norte con forza 10 e 11 con refachos superiores aos 90-100 km/h.

Durante a xornada do sábado, Galicia estará na influencia dun centro de baixas presións moi profundo situado sobre a península Ibérica. Deste xeito, continuaremos con ceos anubrados e precipitacións, máis fortes canto máis ao norte, ocasionalmente treboentas e acompañados de sarabia. Os ventos soprarán do norte, fortes, con intervalos moi fortes durante a mañá, tendendo a amainar pola tarde.

Venres negro no ensino do Val Miñor: "Recortar é o voso negocio. Educar o noso traballo".

Correo-e Imprimir PDF

concentracion-proval-Os profesores do IES Escolas Proval manifestáronse ao mediodía ás portas do centro en rexeitamento do futuro modelo de ensino proxectado na "Reforma Wert".

-A concentración estivo presidida por unha pancarta que expresaba o sentir dos docentes: "Recortar é o voso negocio. Educar o noso traballo".

-Docentes de tódolos centros de ensino do Val Miñor traballan na conformación dunha coordinadora comarcal ca fin de espallar o "Venres Negro" por tódala bisbarra.

Un "Venres Negro" iniciará as mobilizacións dos centros de ensino do Val Miñor contra a reforma Wert da educación.

Correo-e Imprimir PDF

WertUn "venres negro" presaxia unha próxima "marea negra" no Val Miñor. Os profesores dos centros de ensino da bisbarra reúnense para acordar medidas conxuntas en protesta polas novas condicións que imporá a nova Lei Orgánica de Mellora da Calidade do Ensino (LOMCE), que en carácter de anteproxecto tramita o goberno de España. Nomeadamente, este venres ás 12:30 horas o claustro de profesores do IES Escolas Proval manifestaranse vestidos de negro ás portas do centro como primeira medida de protesta.

A Xunta de Galicia conta cun proxecto para cambiar de sitio a ponte románica de A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

Recreación simulada da nova ubicación da ponte románica de A Ramallosa.A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e infraestructuras, baralla a posibilidade de trasladar a ubicación actual da ponte románica da Ramallosa a un enclave máis próximo ao esteiro da Foz. O motivo esgrimido dende a administración autonómica sería o de darlle unha maior visibilidade ao monumento, actualmente ocultado pola ponte nova da estrada comarcal C-550 que une Nigrán e Baiona.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL