Venres, 8 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor AGE demanda á Xunta que a partida orzamentaria dos centros de saúde do Val Miñor medre en 2:5 millóns de euros.

AGE demanda á Xunta que a partida orzamentaria dos centros de saúde do Val Miñor medre en 2:5 millóns de euros.

Correo-e Imprimir PDF
eva-solla

-Alternativa Galega de Esquerda presenta unha enmenda aos orzamentos 2013 da Xunta de Galicia ca fin de construír centros de saúde "axeitados ás necesidades da poboación" do Val Miñor.

-A actual proposta orzamentaria da Xunta diminúe en catro consultas o centro de Panxón e en seis as de Gondomar en relación aos proxectos orixinais.

Segundo datos aportados polas formacións de Esquerda Unida no Val Miñor, as actuais infraestruturas proxectadas pola administración Feijoo, implican a perda dunha consulta de pediatría, outra de medicina xeral e tres de enfermería no centro de saúde de Panxón. No caso de Gondomar, o recorte repercutirá en unha consulta menos de pediatría, dúas de medicina xeral e tres de enfermería. A superficie do Centro de Saúde de Oia diminúe un 33% respecto ao proxecto orixinal

A deputada autonómica, Eva Solla (EU-AGE), opinou que a diminución prevista nas infraestruturas sanitarias de Gondomar, Panxón e Oia "van supoñer un lastre na calidade de atención sanitaria dos habitantes da zona que han de soportar durante décadas".

Para AGE é os orzamentos deben responder aos proxectos redactados e aprobados con anterioridade ás modificacións feitas polo goberno do PP na Xunta. Nese senso, reclama aumentar en 2 millóns de euros a partida destinada ao novo centro de Gondomar, 330 mil euros no de Panxón e 240 mil euros para o de Oia.