Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Valverde pide a Sanidade a construción dun novo aparcadoiro para o futuro Centro de Saúde de Panxón.

Valverde pide a Sanidade a construción dun novo aparcadoiro para o futuro Centro de Saúde de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
farjas-valverde

 

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde e mais a conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Pilar Farjas mantiveron unha reunión esta tarde, onde a responsable de Saúde lle manifestou  que o centro público sanitario de Panxón se atopa  entre as actuacións prioritarias da administración autonómica. Na xuntanza, onde tamén estivo presente a concelleira de Sanidade municipal, María del Carmen Alonso-Macias Jorreto, Valverde solicitoulle a Farjas a construción dun aparcadoiro subterráneo ou en superficie que solucionen as carencias nesa materia que contén o actual proxecto.

A solución de cuestiones relativas ao aparcadoiro foi un tema no que o rexedor municipal "se detivo de forma especial", informan dende o Concello. “El actual proyecto no resuelve correctamente esta situación, por lo que hemos pedido a Sanidad que estudie una nueva alternativa, que podría pasar por la realización de un parking subterráneo o en superficie”, declarou.

Alberto Valverde, fixo saber a Pilar Farjas que o pasado mes de outubro asinou ante notario a cesión da parcela, dando cumprimento a un acordo plenario. Coa realización deste trámite, o Concello de Nigrán "está un paso más cerca de hacer realidad la puesta en marcha de esta infraestructura tan demandada"adiantou o rexedor.

Outra cuestión abordada foi o Novo Hospital Público de Vigo. Farjas afirmou que esta infraestrutura sanitaria dará servizo a Vigo e mais a súa área metropolitana, Nigrán entre eles. “El nuevo hospital será de libre adscripción, por lo que todos los vecinos y vecinas de Nigrán se beneficiarán de él”, asegurou Valverde.