Para o PSOE de Nigrán os anuncios do alcalde Alberto Valverde sobre os adiantos no futuro Centro de Saúde de Panxón son actos de "demagoxia política pre-electoral". Os socialistas denuncian que o proxecto que fora presentado polo goberno de Efrén Juanes, leva dous anos estancado na Xunta de Galicia. Aseguran que actualmente o Centro non conta "nin con datas, nin orzamentos, nin prazos" para a súa execución e adiantan que "a Xunta de Núñez Feijóo non porá nin a primeira pedra de este novo Centro de Saúde, absolutamente necesario e imprescindible para Nigrán."
Para o concelleiro Juan González, portavoz do PSOE Nigrán, esta é "hora de facer anuncios trampa e o PP de Nigran xa ten o seu". Agregou que o proxecto "como ben saben os cidadáns de Nigrán foi iniciado, proxectado e posto en marcha polo anterior goberno Socialista coas críticas de Alberto Valverde e o PP que consideraban a localización inadecuada."
González acusou ao PP de falla de xestión para este tipo de proxectos e puxo como exemplo a obra do peirao de Panxón que "non dan rematado", a obra na PO 325 "que nin sirve para nada nin remataran nunca" e agregou que "seguimos esperando polo Centro de Día que Feijóo prometeu ía por en marcha no primeiro ano de goberno".