Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

A Lei do IVE :"non obriga a ningunha muller a abortar, senón que garante o seu dereito a decidir".

Correo-e Imprimir PDF

ive-ramallosa-2-A Plataforma Galega asegura que a prohibición da interrupción voluntaria do embarazo (IVE), "é un mecanismo de poder e de control sobre a sexualidade, a autonomía e as decisións reprodutivas das mulleres".

-Logo do acto n'A Ramallosa, a Plataforma decidiu presentar unha moción en defensa da Lei en Baiona, Gondomar e Nigrán.

Miguel Quinteiro, en liberdade condicional, prevé retornar ao Val Miñor o vindeiro domingo pola mañá.

Correo-e Imprimir PDF

 

Miguel liberado-Valminor.info conversou esta tarde con Miguel Quinteiro.

- O 25-S só quería entregar un documento escrito aos parlamentarios.

-A policía demorou 5 horas en permitir que recibira atención médica.

-"Menos mexar enriba de nós e poñernos capucha, fixéronnos de todo".

Miguel Quinterio (Donas) quedou en liberdade xunto co resto dos detidos no 25-S

Correo-e Imprimir PDF

2012-08-19 IMG_2012-08-12_02.16.35__8068962Todos os detidos no 25-S quedaron en liberdade con cargos de atentado e resistencia á autoridade, así como do delito contra as institucións. Entre os liberados atópase, Miguel Quinteiro (Donas), de 72 anos, que saíu dos xulgados de Praza Castela co brazo vendado e en cabrestillo. Dos 35 arrestados nesa xornada, só un permanecerá en prisión provisional.

A reforma da lei do aborto deixaría desprotexidas a máis de 73.000 mulleres en España.

Correo-e Imprimir PDF

aborto-clandestino-No Día Internacional polo Dereito a un Aborto Seguro e Legal, ACAI advirte que España podería cruzar "a liña que lle separa daqueles países nos que as mulleres arriscan a súa vida e a súa saúde ao someterse a un aborto ilegal e inseguro".

Veciño de Donas brutalmente detido cando facía unha sentada no 25S en Madrid. Atópase incomunicado.

Correo-e Imprimir PDF

miguel quinteiro_arrastrado
Miguel Quinteiro, veciño de Donas permanece detido e incomunicado máis de 48 horas de ser brutalmente reprimido durante as protestas do 25S, en Madrid. Quinteiro atopábase na concentración facendo unha "sentada" cando foi arrincado pola forza por dous membros do operativo montado pola policía nacional. Aínda que Quinteiro non ofrecía resistencia, foi arrastrado polos efectivos ao longo de 200 metros. Cando o ían esposar, os policías decatáronse da presenza da prensa e trocaron de actitude, pedindo a Quinteiro que estuviera "tranquilo", mentres o represaliado suplicaba que non lle fixeran dano.

Convocan concentración na Ponte d'A Ramallosa contra a "reforma Gallardón" da lei de aborto.

Correo-e Imprimir PDF

Alberto-Ruiz-Gallardon-descarta-el-aborto-de-menores-sin-consentimiento-paterno-400x300Baixo o lema "Decidir fainos libres" está convocada unha concentración para o vindeiro venres 28 de setembro ás 20 horas na Ponte d'A Ramallosa, en protesta contra o proxecto do goberno de España cara a modificar a actual lei 2/2010, da saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo (IVE). O acto no Val Miñor está convocado pola Plataforma Galega dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos e as organizacións políticas e socias asinantes do manifesto "Decidir fainos libres". O acto enmárcase no Día de Acción Global polo Acceso ao Aborto Legal e Gratuíto" a celebrarse na devandita data a nivel mundial.

Carlos Aymerich e Guillerme Vázquez presentan o programa do BNG no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

carlos aymerich_bngO cabeza de lista por Pontevedra do BNG, Carlos Aymerich xunto co portavoz nacional, Guillerme Vázquez brindarán unha charla coloquio este sábado 22 de setembro ás 20h no Hotel Soutomaior de Nigrán. A actividade está organizada polas tres agrupacións municipais do Bloque no Val Miñor, as que convidan á veciñanza a presentar as súas inquedanzas aos candidatos.

O Sindicato de Xornalistas apoia a marcha sobre Madrid convocada polo Cumio Social

Correo-e Imprimir PDF

PZVO sindicato_xornalistas_galiciaO Sindicato de Xornalistas de Galicia e a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) apoia con todas as súas forzas a Marcha sobre Madrid que convocou o Cumio Social para o sábado 15 de setembro, porque existen razóns máis que sobradas para dicirlle ao Goberno na rúa que non pode continuar coas políticas de recortes se quere crear emprego e que saiamos da crise. O Cumio Social, que se constituíu a instancias de CCOO e UGT, está integrado por máis de 150 organizacións sindicais, sociais e cidadás de todo tipo, entre elas a FeSP e os seus sindicatos.

Convocan para este martes unha concentración contra a modificación da lei de aborto diante do MARCO.

Correo-e Imprimir PDF

aborto-clandestinoAs Mulleres da Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres fará unha nova concentración contra o proxecto gobernamental de restricións á lei de aborto. O acto terá lugar este martes 11 de agosto ás 19:00 horas diante do MARCO .

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL