Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Veciño de Donas brutalmente detido cando facía unha sentada no 25S en Madrid. Atópase incomunicado.

Veciño de Donas brutalmente detido cando facía unha sentada no 25S en Madrid. Atópase incomunicado.

Correo-e Imprimir PDF
miguel quinteiro_arrastrado


Miguel Quinteiro, veciño de Donas permanece detido e incomunicado máis de 48 horas de ser brutalmente reprimido durante as protestas do 25S, en Madrid. Quinteiro atopábase na concentración facendo unha "sentada" cando foi arrincado pola forza por dous membros do operativo montado pola policía nacional. Aínda que Quinteiro non ofrecía resistencia, foi arrastrado polos efectivos ao longo de 200 metros. Cando o ían esposar, os policías decatáronse da presenza da prensa e trocaron de actitude, pedindo a Quinteiro que estuviera "tranquilo", mentres o represaliado suplicaba que non lle fixeran dano.

Durante toda está mañá estivo a declarar perante o xuíz, e se está á espera da resolución do mesmo sobre a súa situación, segundo a información aportada polo avogado defensor Eric Sanz, aos colegas de Praza Pública.

 

Imaxes da detención de Miguel Quinteiro

Dim lights Embed Embed this video on your site

Segundo declaracións de Eric Sanz (avogado da comisión Legal do 15M) a El Diario, e recollidas por Praza Pública, a policía "vulnerou os dereitos dos detídos" pois "o límite máximo de 72 horas é só para cando hai dilixencias abertas".

A situación de incomunicación e a falla de información por parte da comisaría de Moratalaz, provocou que unha avogada da comisión Legal do 15M, presentara unha denuncia para obrigar ás autoridades policiais a informar onde tiñan detido a Quinterio.

Consultados os familiares por Praza Pública, informaron que está "tranquilo" pero "cabreado por non permitirlle a policía acceder ás súas pertenzas". A súa familia confirmou este mediodía que Quinteiro continuaba incomunicado.

Campaña solidaria de apoio a Miguel Quinterio

Miguel Quinteiro é activista de Coop57 (entidade da que é socio promotor), Attac Galicia, e a Plataforma polo aforro público, entre outros grupos, sendo destacada a súa participación nas denuncias contra as caixas de aforro e as estabas das acciones preferentes de CaixaNova e CaixaGalicia agora NovaGalicia Banco.

Esta mañá, catro persoas entre as que se atopan Manuel Garrido, membro das cooperativas ARBORE, Coop57 Galiza e SINERXIA, e Ermitas Dávila, compañeira de Quinteiro na cooperativa INTERGAL, abriron unha conta solidaria para que se poidan realizar achegas co fin de financiar as posibles consecuencias da súa detención, en caso dunha posible multa.

Datos da conta solidaria con Miguel Quinteiro.

Segundo informan os promotores da conta solidaria, as persoas que colaboren deberán facer constar a súa denominación social, nome apelidos, de tal xeito de poder proceder ao seu reembolso no caso do non emprego de ditos fondos. O primeiro titular da conta é Manolo Garrido, e a mesma atópase no Banco Etcheverría : 0031-0015-81-1121003558.

Protestas contra a detención de Quinteiro

Distintos colectivos protestaron nesta xornada pola detención de Quinteiro. Attac esixiu a súa "liberación inmediata" e salientou que o seu único delito foi "expresar libre e democraticamente a súa indignación ante o gran engano do Congreso dos Diputados e do Senado, nos que residen todas as soberanías, menos a única lexítima, a do pobo español". Tamén a Alternativa Galega de Esquerda manifestou a súa condena a esta detención. AGE denunciou o "desmesurado operativo policial" e a "actitude provocadora dos corpos policiais" que foron "a todas luces intolerables nunha mobilización exemplar que simplemente buscaba denunciar o verdadeiro secuestro que vive o Parlamento do Estado español". O detenido, destaca AGE, "nin é terrorista, nin membro dun grupo violento", senón "un cidadán exemplar, con anos de defensa de modelos de participación política plural".

De igual xeito este mércores pola tarde celebrouse unha concentración en Vigo en solidariedade con Quinteiro e o resto dos detidos.