Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Traballadores de Paradores manifestaranse diante do Parlamento de Galicia contra o ERE imposto pola empresa.

Correo-e Imprimir PDF

marcha paradoresEste venres día 28 de decembro os traballadores de Paradores Nacionales de Turismo concentraranse ás 12 horas diante do Parlamento de Galicia para amosar o seu desacordo co ERE formulado pola empresa estatal. Apoiados por todas as centrais sindicais, pedirán á Xunta de Galicia que faga presión sobre o Goberno Central na defensa das condicións de traballo das plantillas e que interceda contra o despedimento de 85 persoas previstas no ERE.

.

Novo "sablazo" por circular de Baiona a Vigo por autoestrada

Correo-e Imprimir PDF

Ap9chapela-autopista-ap9-hacia-vigo

O prezo do tramo de Baiona a Vígo pola autoestrada de titularidade autonómica subirá un 3,3% pasando a custar 1,65€ por viaxe.

O aumento das tarifas está relacionado directamente cos datos do IPC do último ano e supostamente compensado polo tráfico rexistrado e as previsións para este ano 2013.

 A Plataforma convoca unha nova xornada de boicot á AP9 o 28 de decembro, na que pide que se utilicen vías alternativas

Beiras esixe que a Xunta anticipe o pago aos afectados: "Se non o fan, serán tamén delincuentes"

Correo-e Imprimir PDF

beira-ngb-3

-Xosé Manuel Beiras mantivo un encontro cos afectados pola estafa das caixas galegas en Gondomar.

-AGE estuda montar "unha loxística" que permita defender ao colectivo na vía xudicial.

-Beiras aposta pola vía penal para que os responsables da estafa das caixas galegas "respondan polo que fixeron".

O BNG reclama á Xunta de Galicia que paralice o parque eólico no Galiñeiro logo da resolución unánime da Mancomunidade do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

s gali_gondomarO BNG presentou unha moción para reclamar que a Mancomunidade de Concellos do Val Miñor se dirixa ao Consello da Xunta coa finalidade de que declare negativa a autorización administrativa do proxecto de execución do parque eólico da Serra do Galiñeiro, así como a denegación da declaración de utilidade pública.

O "Nicki" golpea ao Val Miñor e deixa asulagadas varias zonas da bisbarra.

Correo-e Imprimir PDF

o-vilaza-na-ponte-de-rosasO paso do temporal Nicki deixou fonda pegada no Val Miñor coa crecida de ríos, barrios parcialmente asulagados , interrupción do paso por algunhas pontes, roturas en postes e valados e caída de árbores en distintos puntos da bisbarra. O centro da vila de Gondomar volveu a rexistrar diversas zonas anegadas polo desborde do río Miñor, aínda que sen a gravidade rexistrada no 2011. Outra vez os veciños do barrio de Moreira, na parroquia de Mañufe sufriron o ingreso das augas nas súas vivendas, nomeadamente nas colindantes coa ponte de Mañufe. Nese senso, o servizo 112 Galicia contabilizou 95 intervencións de distinta orde na Área Metropolitana de Vigo, tendo uns dos principais focos no Val Miñor.

O helicóptero de salvamento marítimo tardou en acudir a Oia 30 minutos máis do establecido por contrato

Correo-e Imprimir PDF

Rosa Quintana, con gardacostas en Celeiro © XuntaO pasado 9 de novembro, a Xunta de Galica fixo efectiva a privatización do servizo de salvamento marítimo cun contrato de 30,8 millóns de euros

Agora a mesma Xunta investigará se este novo servizo privado cumpriu co seu contrato á hora de socorrer á percebeira que faleceu onte en Oia, e onde a intervención do helicótero demorou 40 minutos.

O IEM e mais SOS Groba presentan un estudo -alegación contrario á instalación dun parque eólico na serra do Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF

vigo-cumbreNa mañá deste xoves 29 de novembro, o Instituto de Estudos Miñoranos e mais a asociación S.O.S Groba presentaron alegacións ao proxecto de execución do Parque Eólico do Galiñeiro, que se van a sumar as outras corenta e dúas que os diversos colectivos que forman a Plataforma Pola Protección do Galiñeiro van a presentar ata o venres día 30 en que remata o prazo de presentación de alegacións.

Máis de 8 mil cidadáns alegan contra a construción dun parque eólico na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

s gali_gondomar8.055 cidadáns asinaron alegacións individuais contra a construción do parque eólico na Serra do Galiñeiro. As mesmas foron entregadas na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo esta mañá por membros da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, nun acto que foi acompañado polos medios de prensa. No transcurso deste xoves 29 de novembro, os colectivos integrantes da Plataforma presentarán un completo estudo multidisciplinar -próximo aos 100 folios- co que intentará convencer ás autoridades autonómicas dos grave impacto que a instalación provocaría no enclave e a vida dos veciños dos municipios afectados.

Investigan unha suposta fraude na Internet rural por parte dunha empresa con sede no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

2012 11_23_14178s300xA Consellería de Medio Rural abriu un expediente contra Mira Novas Tecnoloxías, empresa miñorana colaboradora da Xunta no programa de espallamento da Internet no eido rural. Nomeadamente, Medio Rural investiga presuntas irregularidades nas sinaturas contidas nas solicitudes tramitadas por esta empresa, que afectarían á veracidade das mesmas, segundo informou nesta xornada o diario dixital Galicia Confidencial.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL