Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O helicóptero de salvamento marítimo tardou en acudir a Oia 30 minutos máis do establecido por contrato

O helicóptero de salvamento marítimo tardou en acudir a Oia 30 minutos máis do establecido por contrato

Correo-e Imprimir PDF
Rosa Quintana, con gardacostas en Celeiro © Xunta
percebeira viladesuso
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O pasado 9 de novembro, a Xunta de Galica fixo efectiva a privatización do servizo de salvamento marítimo cun contrato de 30,8 millóns de euros

Agora a mesma Xunta investigará se este novo servizo privado cumpriu co seu contrato á hora de socorrer á percebeira que faleceu onte en Oia, e onde a intervención do helicótero demorou 40 minutos.

Dende o pasado 9 de novembro a empresa privada Inaer ten encomendadas as tarefas do salvamento marítimo mediante helicópteros que depende da Xunta. Faino en virtude dun contrato de 30,8 millóns de euros e cinco anos de duración segundo o cal a compañía adxudicataria se ocupa non só das aeronaves, senón tamén da dotación de persoal deste delicado servizo. Apenas un mes despois da formalización deste contrato, o pasado mércores, unha mariscadora falecía en Oia mentres desenvolvía o seu traballo e a propia Consellería do Mar admitía que o helicóptero Pesca I, con base en Vigo, tardou trinta minutos en despegar para acudir ao rescate. Agora o presidente, Alberto Núñez Feijóo, sinala que a Xunta "investigará" se a empresa cumpre co contratado.

Segundo o prego de condicións que rexeu esta privatización Inaer ten comprometido un "tempo de resposta" ante as incidencias no mar de "10 minutos" durante os 365 días no ano. Así as cousas, tendo en conta que recibiu o aviso ás 9:10 da mañá -segundo admitiu a Consellería-, o helicóptero tería que estar no aire como moi tarde ás 9:20, pero non fixo o propio ata as 9:40. Sempre segundo a versión oficial isto aconteceu a causa dunha "incidencia puntual" relacionada co período de preparación do persoal da empresa, trinta e tres días nos que rexe un réxime especial de "gardas localizadas" que finaliza o 31 de decembro.

Privatización do servizo de salvamento marítimo 

A Consellería privatizou o servizo hai un mes cun contrato de cinco anos que establece un tempo de resposta de 10 minutos Malia á asunción inicial dese atraso, Feijóo sinala que agora "é o momento de trasladar o pésame" á familia da traballadora falecida "e de que a Consellería do Mar faga a investigación interna para clarificar se se cumpriron os requisitos" establecidos no contrato. Trátase, segundo o xefe do Goberno galego, de saber "se a empresa cumpre ou non" e de se, "no suposto de gardas localizadas, se cumpre ou non a mobilización que se esixe".

Neste contexto, e co novo contrato acabado de asinar para os vindeiros cinco anos, o presidente coida agora que "haberá que reflexionar como ten que ser esa contratación e a disposición" dun salvamento marítimo que, subliña, a Xunta "adicion, con fondos propios, ás competencias do Estado". Mentres, e no inicio do que semella ser un duro temporal, Feijóo chama a "non meterse no mar nun momento de enormes dificultades" e, no caso de ser imprescindible, "que os profesionais extremen as precaucións".

 

Dim lights Embed Embed this video on your site