Este venres día 28 de decembro os traballadores de Paradores Nacionales de Turismo concentraranse ás 12 horas diante do Parlamento de Galicia para amosar o seu desacordo co ERE formulado pola empresa estatal. Apoiados por todas as centrais sindicais, pedirán á Xunta de Galicia que faga presión sobre o Goberno Central na defensa das condicións de traballo das plantillas e que interceda contra o despedimento de 85 persoas previstas no ERE.
.