Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

A xustiza ampara ao xornalista de La Voz de Galicia no Val Miñor agredido en Oia.

Correo-e Imprimir PDF

hotal costa_verde-A sentenza senta un precedente importante na defensa da actividade xornalística e o amparo de vítimas de agresión sen a presenza de testemuñas.

A xustiza amparou ao xornalista Alejandro Martínez, ex corresponsal de La Voz de Galicia no Val Miñor, e condenou por maltrato ao agresor que lle insultara e estragara a cámara fotográfica mentres desenvolvía as súas tarefas cubrindo unha noticia, o pasado mes de decembro no concello de Oia. Condenado a pagar a reparación do aparello e os custes do xuízo, o responsable deberá cumprir unha pena de 3 días de localización permanente.

"O mataron porque era un home de ideas". Testemuñas da Homenaxe Nacional ás vítimas do franquismo.

Correo-e Imprimir PDF

homenaxe3Os colectivos galegos agrupados na Iniciativa Galega pola Memoria Histórica homenaxearon ás vítimas do franquismo nun acto celebrado na Illa de San Simón, sede do antigo campo de concentración, o pasado domingo 15 de xullo. En distintas quendas, centos de persoas foron enchendo o barco que trasladoullas dende o porto de Cesantes cara á illa.

A redución de concelleiros anunciada por Rajoy alteraría o mapa político do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

O concelleiro de UCN-CDL Antonio Fernández, perdería o seu sillón no pleno de NigránCos datos actuais e aplicando xa a diminución dun terzo no número de concelleiros adiantada por Mariano Rajoy, habería cambios no reparto do poder local nos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, aínda que é Gondomar onde mesmo podería haber un cambio de alcalde cos mesmos resultados electorais. Por outra banda perderían a súa representación no pleno grupos políticos como UCN-CDL de Nigrán.

A situación aínda está verde . Os medios nacionais anuncian unha rolda de conversacións PP - PSOE antes de sacar adiante esta reforma, a fin de darlle continuidade. Tamén hai voces que advirten que un cambio da Lei Electoral só se podería practicar a partir das vindeiras eleccións, do contraio violaríase a Constitución.

A marcha cabalar contra o Microchip convocou máis de medio millar de persoas en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

marcha-microchip-1Trescentas persoas a cabalo e outras tantas a pé participaron da marcha reivindicativa pola defensa dos cabalos do monte, e contra o decreto equino da Xunta de Galicia que obriga a colocación de microchips nos cabalos salvaxes en detrimento das marcas tradicionais. Castrelos (Vigo) recibiu sobre as 11 de mañá aos xinetes e cabalos provenientes d' O Rosal, a Serra da Groba, a Serra do Galiñeiro, Oia, Tomiño e diversos puntos de Vigo.

Domingo 8 de xullo: Marcha cabalar e a pé en Vigo pola defensa dos cabalos do monte e os curros.

Correo-e Imprimir PDF

non ao_microchipTódalas asociacións tradicionais, culturais e socias vencelladas á protección dos cabalos do monte e ás festas dos curros emprenderán unha marcha a pé e cabalar polas rúas de Vigo o vindeiro domingo 8 de xuño a partir das 11:30 horas. O punto de concentración será en Castrelos e marcharase ata a Praza España e volta a Castrelos. As asociacións convocantes pregan a tódalas persoas sensibilizadas con estas tradicións do país a sumarse á marcha reivindicativa contra o Decreto Equino aprobado o pasado 14 de xuño pola Xunta de Galicia, que pon en serio perigo a supervivencia dos cabalos ceibes.

Falece a escritora Kristina Berg Casares, veciña do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Kristina Berg, na Fundación Casares en marzo de 2012. Imaxe: Alberto Ramos by CCA intelectual e escritora Kristina Berg Casares, viúva do escritor ourensá Carlos Casares, faleceu este martes en Vigo, segundo confirmou a Xunta de Galicia, que trasladou á familia e persoas próximas as súas condolencias. Veciña do Val Miñor, afincada en Vilariño, presidiu a Fundación Carlos Casares, e mantivo co seu home unha estreita relación coa bisbarra miñorana.

Dez cativos dos campamentos de refuxiados do Sahara gozarán das "Vacacións en Paz" no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

sahara-12-06-8Dez cativos procedentes dos campos de refuxiados do Sahara chegarán entre o luns e o martes da vindeira semana ao Val Miñor. Os mesmos permanecerán durante os meses de xullo e agosto na nosa bisbarra no marco do programa Vacacións en Paz, organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

A Mancomunidade do Val Miñor paraliza o expediente de adxudicación da recollida de animais abandonados.

Correo-e Imprimir PDF

perrera vinciosA máis de catro meses da suspensión do servizo de recollida de animais por parte da Mancomunidade do Val Miñor, a bisbarra sigue sen formalizar unha solución ao tema. Por riba, o Pleno da Mancomunidade decidiu paralizar o expediente de adxudicación da recollida de animais abandonados, iniciado hai dous meses, e para o que xa había unha disposición orzamentaria de 40.680€, segundo información aportada polo concelleiro nacionalista Antonio Araúxo Quintas.

Pachi Vázquez reúnese en Gondomar coas asociacións de curros do Val Miñor .

Correo-e Imprimir PDF

pachi-vazquezPachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE, reunirase esta tarde, ás 19:30 horas, coas asociacións de gandeiros e cabalos de monte do Val Miñor para tratar a problemática do microchip, así como a situación dos curros da bisbarra. A xuntanza terá lugar no Centro Neural de Gondomar ás 19:30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL