Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Medio Ambiente efectuará obras de ampliación hidráulica e intervirá infraestruturas sobre os ríos Sobral e Viladesuso.

Correo-e Imprimir PDF

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou este sábado que iniciará a vindeira semana "as obras e traballos necesarios para mellorar o comportamento hidráulico dos ríos Sobral e Viladesuso no Concello de Oia". En ámbolos dous regos realizaranse actuacións co obxectivo de aumentar a capacidade hidráulica e conter posibles avenidas.

"Terras Raras": Un proxecto de minería extractiva a ceo aberto quere aterrar na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

terras raras_china-"Terras raras" a nova guerra do Século XXI.

- A operación iníciase no medio da ofensiva dalgunhas potencias de Occidente para facerse destes xacementos dominados nun 95% polos chineses: Terras raras, a materia prima das novas tecnoloxías.

-A primeira parte do proxecto prevé traballos de sondaxe e avaliacións por tres anos na Serra do Galiñeiro, a mans da multinacional "Umbono Capital".

-Próximo a 40 colectivos galegos xa presentaron alegacións contra o proxecto.

Un centenar de persoas homenaxearon na Volta dos Nove, a memoria das vítimas da represión franquista.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0579Como tódolos anos dende o 2005, tivo lugar unha homenaxe na Volta dos Nove organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e familiares das vítimas. Ao redor do monumento do escultor Fernando Casás, que lembra aos nove miñoranos asasinados en Baiona na madrugada do 15 de outubro de 1936 pola represión franquista, un centenar de persoas asistiron baixo unha intensa choiva, nun acto de "memoria e dignidade", en palabras do historiador Carlos Méixome (IEM), quen fixo unha breve oratoria previa ás ofrendas florais.

Homenaxe na Volta dos Nove ás vítimas das execucións de outubro de 1936 en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

volta-dos-nove 150_180Na madrugada do vindeiro 15 de outubro cumprirase o 76 cabodano do tráxico asasinato de nove veciños do Val Miñor na estrada Baiona - Camposancos, á altura do quilómetro 58 da Bombardeira (Baredo), hoxe coñecida como a "Volta dos Nove". Como tódolos anos, familiares dos asasinados e o Instituto de Estudos Miñoranos, desenvolverán unha homenaxe que terá lugar o día domingo 14 de outubro ás 13 horas.

Veciño de Gondomar detido por presunto roubo de xoias en varias fincas da bisbarra.

Correo-e Imprimir PDF

Foi detido pola Garda Civil un mozo afincado en Gondomar, tras varias denuncias de roubos en varias propiedades do Val Míñor, ás que ingresaba na súa calidade de pintor. O mozo, de 22 anos e identificado como S.P.M, presuntamente aproveitaba os seus traballos como empregado dunha empresa de servizos de mantemento para levar xoias dos donos das fincas.

21-O: O Partido Popular desenvolverá o seu mitin central no Val Miñor o vindeiro xoves en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pp-pontevedraO Gabinete de Prensa do PP de Pontevedra comunicou nesta xornada que a vila de Gondomar acollerá este xoves, 11 de outubro, o mitin central que os populares organizan na comarca do Val Miñor. O acto, que terá lugar ás 20,30 horas no Auditorio Lois Tobío, contará coa participación do secretario xeral do PPdeG e candidato ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, os tamén candidatos Agustín Hernández e Patricia Durán (Gondomar), e o presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán.

Detidos dous mozos por robar 9 motos no Val Miñor e Vigo

Correo-e Imprimir PDF

A Garda Civil detivo a dous mozos de 18 e 19 anos como supostos autores do roubo de nove ciclomotores no Val Miñor e Vigo, entre finais de agosto e setembro.

A un dos detidos, J.V.S., impútaselle ademais un delito contra a seguridade viaria ao conducir as motos sen licenza nin carné e provocar un accidente en Baiona no que causou danos en dous vehículos e logo deuse á fuga.

Logo da segunda marcha de protesta intensificase o debate no seo do colectivo de usuarios do carrilbici.

Correo-e Imprimir PDF

carrilA segunda marcha de ciclistas en protesta polo actual trazadado do carrilbici Vigo – A Garda congregou novamente perto de 200 persoas. O percorrido de case 3 horas tivo momentos de tensión cando a Garda Civil intentou que os ciclistas fixeran unha fila de a dous,cousa que algúns manifestantes rexeitaron. O colectivo marchou provocando o malestar dos automobilistas que viron obstaculizado o tráfico. O debate polas características da marcha xa se instalou nas redes dende a tarde do domingo, onde varios participantes reclaman maior organización nas vindeiras actividades e outros salientan a necesidade de maior compromiso dos usuarios do carrilbici nas protestas.

Os afectados polo carrilbici Vigo – A Guarda desenvolverán este domingo a segunda marcha de protesta.

Correo-e Imprimir PDF

foto-marcha-carril-biciO colectivo de afectados polo carrilbici Vigo-A Guarda partirá mañá dende Navia cara a A Guarda no que será a segunda marcha ciclista coa que desexan chamar a atención das autoridades municipais e autonómica dos perigos que agocha o actual trazado para peóns e ciclistas. O punto de encontro está establecido ás 10:15 horas no aparcadoiro do supermercado FROIZ do Pau de Navia, e terá un percorrido próximo de 50 quilómetros até o Parque Rosalía de Castro d'A Guarda.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL