Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor 21-O: O Partido Popular desenvolverá o seu mitin central no Val Miñor o vindeiro xoves en Gondomar.

21-O: O Partido Popular desenvolverá o seu mitin central no Val Miñor o vindeiro xoves en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
pp-pontevedra

O Gabinete de Prensa do PP de Pontevedra comunicou nesta xornada que a vila de Gondomar acollerá este xoves, 11 de outubro, o mitin central que os populares organizan na comarca do Val Miñor. O acto, que terá lugar ás 20,30 horas no Auditorio Lois Tobío, contará coa participación do secretario xeral do PPdeG e candidato ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, os tamén candidatos Agustín Hernández e Patricia Durán (Gondomar), e o presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán.

 

Xunto a eles, está previsto que tamén tomen a palabra os responsables locais do PP en Baiona, Jesús Vázquez; de Nigrán, Alberto Valverde; e de Gondomar, Fernando Guitián.