Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 21-O O Partido Popular inicia a campaña no Val Miñor con dúas visitas de Louzán e Hernández a Sabarís e Panxón.

O Partido Popular inicia a campaña no Val Miñor con dúas visitas de Louzán e Hernández a Sabarís e Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
fotonoticia 20120812143921_500

-Jesús Vázquez Almuíña, Agustín Hernández e mais Rafael Louzán visitarán o Mercado de Sabarís este luns ás 12 horas.

-Ás 13:30 horas, Alberto Valverde, acompañará a Hernández e Louzán nun percorrido polo porto de Panxón.

No que será a primeira xornada con actos públicos cara ás eleccións do 21-O dos populares na bisbarra, o candidato do PP ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra Agustín Hernández, acompañado polo presidente provincial do partido, Rafael Louzán, e polo presidente local do PP de Baiona e alcalde desta localidade, Jesús Vázquez Almuíña, farán unha visita ao mercado de Sabarís este luns 8 de outubro. O acto terá lugar ás 12 horas no Mercado de Sabarís.

Posteriormente, a comitiva trasladarase a Nigrán onde se ten previsto que o alcalde Alberto Valverde (presidente local do PP), acompañe a Hernández e Louzán nun percorrido polo porto de Panxón.