Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Logo da segunda marcha de protesta intensificase o debate no seo do colectivo de usuarios do carrilbici.

Logo da segunda marcha de protesta intensificase o debate no seo do colectivo de usuarios do carrilbici.

Correo-e Imprimir PDF
carril

A segunda marcha de ciclistas en protesta polo actual trazadado do carrilbici Vigo – A Garda congregou novamente perto de 200 persoas. O percorrido de case 3 horas tivo momentos de tensión cando a Garda Civil intentou que os ciclistas fixeran unha fila de a dous,cousa que algúns manifestantes rexeitaron. O colectivo marchou provocando o malestar dos automobilistas que viron obstaculizado o tráfico. O debate polas características da marcha xa se instalou nas redes dende a tarde do domingo, onde varios participantes reclaman maior organización nas vindeiras actividades e outros salientan a necesidade de maior compromiso dos usuarios do carrilbici nas protestas.

O colectivo, que se comunica fundamentalmente a través dun grupo na rede Facebook e no blog Afectados Carril Bici Vigo – A Guarda, mantén a decisión de reiterar estas protestas o primeiro domingo de cada mes. Nese senso, varios forers, salientaron a necesidade de comprometer aos clubs e á propia federación no reclamo de maior seguridade para este vial.

Sabotaxe aos usuarios do carril bici

A plataforma tamén se queixa dun reiterada sabatoxe á que se ven sometidos. Sinalan que no carril bici aparece sembrado con chinchetas que provocan os pinchazos das rodas dos usuarios do carril.