Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Detidos dous mozos por robar 9 motos no Val Miñor e Vigo

Detidos dous mozos por robar 9 motos no Val Miñor e Vigo

Correo-e Imprimir PDF

A Garda Civil detivo a dous mozos de 18 e 19 anos como supostos autores do roubo de nove ciclomotores no Val Miñor e Vigo, entre finais de agosto e setembro.

A un dos detidos, J.V.S., impútaselle ademais un delito contra a seguridade viaria ao conducir as motos sen licenza nin carné e provocar un accidente en Baiona no que causou danos en dous vehículos e logo deuse á fuga.

Dos nove ciclomotores subtraídos, cinco foron recuperados no seu día pola Garda Civil e a Policía Local de Gondomar, mentres que os restantes foron achados despiezados nunha zona de monte en Nigrán e nos arredores e galpóns da vivenda dun dos detidos.

Tanto J.V.S. como A.G.B., que contan con antecedentes policiais, quedaron en liberdade con cargos tras prestar declaración no Xulgado de Instrución 2 de Vigo.