O paso do temporal Nicki deixou fonda pegada no Val Miñor coa crecida de ríos, barrios parcialmente asulagados , interrupción do paso por algunhas pontes, roturas en postes e valados e caída de árbores en distintos puntos da bisbarra. O centro da vila de Gondomar volveu a rexistrar diversas zonas anegadas polo desborde do río Miñor, aínda que sen a gravidade rexistrada no 2011. Outra vez os veciños do barrio de Moreira, na parroquia de Mañufe sufriron o ingreso das augas nas súas vivendas, nomeadamente nas colindantes coa ponte de Mañufe. Nese senso, o servizo 112 Galicia contabilizou 95 intervencións de distinta orde na Área Metropolitana de Vigo, tendo uns dos principais focos no Val Miñor.
Na Casa da Cultura de Belesar, en Baiona, os servizos de emerxencia tiveron que intervir no achique da auga e a crecida dos diversos ríos que cruzan o municipio tiveron en vilo aos veciños no correr da xornada. O paseo marítimo de Panxón sufría os azotes das ondas que golpeaban os muros de contención e deixaban unha paisaxe de "tormenta tropical", co asubío das follas das palmeiras recentemente colocadas.
O barrio de Moreira en Mañufe volve a sufrir a crecida do Miñor.
Nembargante, novamente foi a zona do parque da Colleira en Gondomar e o barrio de Moreira en Mañufe os que viviron horas de fonda preocupación entre a veciñanza. Neste último lugar, a emblemática ponte de Mañufe quedou cuberta polo Miñor dende a madrugada, provocando alarma nas casas colindantes. Tabiques, bolsas recheas de entullo e outros varios enxeños foron colocados polos veciños e comerciantes da zona ante a ameaza de inundación.
Finalmente as augas avanzaron varios metros nos fondos e frontes das fincas da primeira liña da ribeira, pero sen a turbulencia nin espectacularidade do 2011, no que o Miñor volteou muros e ingresou ata chegar aos 40 centímetros nalgunhas das vivendas da zona.
Sobre a media noite, o efecto das mareas e a baixa das precipitacións permitiron habilitar de momento o cruce da ponte de Mañufe. Nembargante mantense zonas asulagadas nesta parroquia, como en Donas e Borreiros na franxa próxima coa carreteira Gondomar - A Ramallosa, ademais da zona baixa da vila de Gondomar.
Aluvión mediático na cobertura do paso do Nicki polo Val Miñor.
O antecedente do 2011 fixo que a bisbarra e especialmente Gondomar foran obxecto dunha cobertura mediática importante ao longo do día. Nese senso as imaxes das zonas asulgadas ocuparon boa parte dos informes nos diversos telediarios autonómicos e nacionais. Tamén as reportaxes fotográficas ocuparán boa parte da prensa escrita de mañá e formaron parte do aluvión informativo nas redes rexistrado no correr do día.
Suspensión de espectáculos públicos e actividades ao aire libre.
O Nicki non só cargouse boa parte da rutina cotiá dos veciños da bisbarra. A representación que a compañía Kuka tiña programada xunto coa Concellaría de Cultura de Gondomar no Auditorio Lois Tobío, foi suspendida. Tamén Patos Surf Escola de Nigrán suspendeu esta tarde as actividades deportivas e de ensino náutico previstas para toda esta fin de semana. Nembargante, o espectáculo previsto para mañá no Lois Tobío mantense ante o aplacamento da tormenta.
Desborde do río Vilaza á altura da Ponte de Rosas (Gondomar)
Dim lights Embed Embed this video on your site
Informe de Grupo VIARTV
Dim lights Embed Embed this video on your site