Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A neve volve a ser a protagonista na Serra da Groba

A neve volve a ser a protagonista na Serra da Groba

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da neve na Serra da Groba - Fotografía © Gaby González
Imaxe da neve na Serra da Groba - Fotografía © Gaby González
Imaxe da neve na Serra da Groba - Fotografía © Gaby González
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

A xornada de fortes choivas e baixas temperaturas causadas polo frente de baixas presións que azota Galicia estes días, deixou onte esceas máis propias doutras latitudes.

O cumio da serra da Groba volveu a cubrirse de branco e a neve callou onte durante unhas horas.

 

Cinco coches colisionan na autoestrada do Val Miñor

A outra cara negativa da xornada estivo nos accidentes nas estradas. Un aparatoso accidente na autoestrada do Val Miñor ás 20h saldouse con dous feridos e cinco coches sinestrados. O sinistro múltiple tivo lugar no concello de Gondomar e segundo os testigos a situación na que quedaron os coches facían presaxiar unha verdadeira traxedia.

A previsión para hoxe.

Galicia continuará baixo a influencia das borrascas que se moven polo norte, polo que a inestabilidade seguirá a ser a nota predominante. Deste xeito, novamente a xornada será de ceos moi anubrados, con precipitacións intermitentes que se sucederán ao longo da xornada; a cota de neve irá subindo dende os 800 metros de primeiras horas ata os 1200 metros pola tarde. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste moderados no litoral e máis frouxos no interior.