Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O xornalista galego Iván Gil ferido polos antidisturbios de Madrid durante a folga do 14-N

O xornalista galego Iván Gil ferido polos antidisturbios de Madrid durante a folga do 14-N

Correo-e Imprimir PDF
agresion ivan_gil

-O Colexio de Xornalistas condena a agresión sufrida polo fotógrafo Iván Gil de "EL Confidencial" durante a cobertura da folga xeral do 14-N.

-Un axente antidisturbios disparoulle unha pelota de goma a pesar que o xornalista ensinaba o seu cartón de prensa.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) condena con rotundidade a agresión sufrida polo xornalista de El Confidencial e membro do CPXG, Iván Gil, golpeado por un membro das Unidades de Intervención Policial, durante a celebración da Folga Xeral do 14-N.

Gil foi agredido ó fío das 21:15 do mércores, na rúa Atocha de Madrid, cando realizaba labores informativas seguindo con outros xornalistas a evolución dos incidentes que estaban a rexistrarse. El mesmo relata que o encarou coa arma un axente que portaba unha escopeta lanza-pelotas de goma, que disparou, pese a que o xornalista mostrou as súas credenciais profesionais. Un feito que este órgano colexiado dos xornalistas galegos considera moi grave.

Iván Gil tivo que ser atendido na Fundación Jiménez Díaz onde lle diagnosticaron unha contusión pulmonar, e requiriu de tratamento específico.

O CPXG expresa o seu malestar e preocupación por este tipo de lamentables incidentes que atentan gravemente contra o dereito a informar e trasladará un escrito de queixa á Delegada do Goberno na Comunidade de Madrid, Dña Cristina Cifuentes.