Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O CIT Val Miñor recibe 12.000€ da Deputación de Pontevedra para promoción turística da bisbarra.

O CIT Val Miñor recibe 12.000€ da Deputación de Pontevedra para promoción turística da bisbarra.

Correo-e Imprimir PDF
cit-valminor-valverde-dario

O alcalde de Nigrán Alberto Valverde, fixo hoxe entrega dun cheque por valor de 12.000 euros a Darío Álvarez, presidente do Centro de Iniciativas Turísticas Val Miñor, con motivo dunha subvención concedida a este colectivo polo Padroado Turismo Rías Baixas. Agregan que a subvención cobre o 88,9% do orzamento total solicitado, que permitiu ao CIT a produción de 6.000 planos de peto e 10.000 folletos turísticos da contorna.

 

Darío Álvarez agradeceu ao Padroado Turismo Rías Baixas e á Deputación de Pontevedra polo apoio" incondicional que ano tras ano mostra para co CIT Val Miñor, axudándonos no labor de promoción do turismo da comarca, unha actividade que sen dúbida é un dos nosos motores económico".

Na súa intervención, o deputado provincial e alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, manifestou en nome da administración provincial que seguirán apoiando a colectivos que traballan "para dinamizar un dos sectores que, especialmente nos tempos difíciles que atravesamos, actúan como pulmón económico da comarca". Agregou que "promocionar e desenvolver o sector turístico no Val Miñor traducirase na creación de postos de traballo para os seus veciños, e iso é o máis importante nestes momentos"