Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O NPC establace unha coordinadora nacional e anuncia a súa participación en futuras convocatorias electorais.

O NPC establace unha coordinadora nacional e anuncia a súa participación en futuras convocatorias electorais.

Correo-e Imprimir PDF
Asemblea Teo
coordinadoranpc
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Coa presenza de 43 representantes das asembleas locais e comarcais de toda Galicia tivo lugar na mañá do sábado 2 de xuño no Concello de Teo a conformación dunha coordinadora nacional da corrente nacionalista Novo Proxecto Común. Ademais da instalación do órgano, a organización manifestou públicamente a súa vontade de participar en "futuras convocatorias electorais".

 

A formación confirmou o seu perfil ideolóxico nun manifesto xurdido da xuntanza co título "Poñendo os alicerces", nomeadamente como "nova organización de carácter asembleario, aberto e plural, de integración individual e organización territorial, con vocación de continuidade na acción social, de carácter nacionalista, expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma."

A reunión de Teo contou cunha importante participación de militantes nacionalistas do Val Miñor (uns dos principais pulos da corrente) con representantes das asembleas constituídas en Baiona, Gondomar e Nigrán.

Segundo o informado polos voceiros do NPC, a corrente seguirá a traballar na conformación de asembleas locais e comarcais por todo o país, así como na preparación dunha reunión asemblearia de carácter nacional.