Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O Novo Proxecto Común no Val Miñor constitúe as súas asembleas locais.

O Novo Proxecto Común no Val Miñor constitúe as súas asembleas locais.

Correo-e Imprimir PDF
npcpresentacion

A corrente nacionalista Novo Proxecto Común no Val Miñor constituíu esta semana as súas asembleas locais nos concellos de Gondomar e Baiona. Xosé Antón Araúxo Rodríguez, foi elixido Coordinador Local da agrupación gondomareña, e no caso de Baiona o coordinador local será nomeado nos próximos días a de entre os 10 membros da xunta local. O vindeiro venres 4 de maio, terá lugar a asemblea constitutiva do NPC de Nigrán, nun acto a cargo de Xosé Antonio Araúxo Quintas, portavoz comarcal da agrupación.

 

Gondomar

Segundo fontes da corrente, próximo a 100 persoas participaron o pasado sábado 28 de abril, na Casa da Cultura de Gondomar, da constitución do NPC local. Da mesma quedou conformada unha Coordinadora Local integrada por 25 persoas de todas as parroquias do municipio.

A responsabilidade como Coordinador Local recaeu en Xosé Antón Araúxo Rodríguez, sindicalista e actual presidente da Comunidade de Montes de Couso.

Baiona.

O día luns presentouse o NPC en Baiona, no Hotel Bahía, onde foi elixida a Coordinadora Local formada por 10 persoas que en breve escollerá ,a súa vez, o coordinador local. No acto participaron próximo a 40 persoas, segundo datos da agrupación.

Nigrán

O vindeiro venres día 4, terá lugar a asemblea de presentación e constitución do NPC de Nigrán. Será ás 20,30hs no Hotel Sotomayor, onde fará a presentación o Coordinador Comarcal do Val Miñor, Antonio Araúxo Quintas, concelleiro e ex alcalde de Gondomar.

A previsión da Coordinadora é rematar todo este proceso constitutivo antes de finais de maio completándoo coa creación do NPC de Oia, que segundo informaron "xa está moi avanzado".