Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Venres de celebracións e xogos no marco das Letras Galegas dos alumnos do ensino infantil e primario.

Correo-e Imprimir PDF

luis-tobioA vila de Gondomar será sede, este venres 25 de maio, do II Encontro de Xogos Populares e Tradicionais do Val Miñor, e a entrega de premios do II Concurso Cartel e Lema, actividades que organiza a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino infantil e primario do Val Miñor.

" Somos serra, a serra protéxenos, e nós protexerémola". III Andaina pola Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

manuel-rivas-galineiro"Estamos aquí para protexer a Serra do Galiñeiro.

Máis é ela -oídes ven- quen nos protexe a nós". (Manifesto da III Andaina)

A III Andaina pola defensa da Serra do Galiñeiro congregou a máis de dos mil persoas o pasado domingo 13 de maio. Tratouse da maior concentración de protesta contra a instalación do parque eólico concedido pola Xunta de Galicia á empresa Terra do Vento.

 

Os tres veciños do Val Miñor de orixe portuguesa asasinados polo franquismo foron honrados en Monçao.

Correo-e Imprimir PDF

placa-moncao-vitimas"Foi criminoso o acto cobarde e intolerante que os abateu.

Mas seria também criminoso continuarem nas penumbras do esquecimento."

José Emílio Pedreira Moreira (Presidente da Câmara Municipal de Monção) 12-05-2012.

-A memoria de Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudencio do Rosario (veciños de Gondomar) así como a de Telmo Freitas (veciño de Panxón), foron honradas no acto "Homenagem a Portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Espanhola", celebrado o pasado 12 de maio de 2012 en Monçao.

Tres veciños do Val Miñor asasinados na ditadura franquista serán homenaxeados en Portugal.

Correo-e Imprimir PDF

urnas-das-persoas-exhumadasUn total de 56 homes e mulleres de orixe portugués están rexistrados no proxecto Nomes e Voces, como vítimas de represión franquista. Deles, tres vivían no Val Miñor, nomeadamente Abilio Araújo Barbosa, Manuel Prudencio del Rosario e Telmo Freitas Lima. Os dous primeiros, veciños afincados na parroquia de Chaín (Gondomar) e asasinados na estrada Baiona - A Guarda, á altura de San Xián en febreiro de 1937. Telmo Freitas moraba en Panxón e foi fusilado en Pereiró. Todos eles serán homenaxeados este sábado 12 de maio na Universidade do Minho, na vila portuguesa de Monção.

O Novo Proxecto Común do Val Miñor e Oia convoca á cidadanía a participar da III Andaina polo Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

npc-1-de-maio-vigo-dia-trabO Novo Proxecto Común do Val Miñor e Oia comunicou a través do seu portavoz Xosé Antonio Araúxo o seu apoio á III Andaina organizada pola Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro. O evento, que terá lugar na mañá do vindeiro domingo 13 de maio, ten por obxectivo central rexeitar a instalación dun parque eólico na emblemática serra miñorana. O NPC convocou este venres aos seus simpatizantes e a cidadanía en xeral a participar da andaina reivindicativa da serra como espazo natural a protexer.

Máis de 400 persoas visitan a mostra de Baiona e Nigrán no primeiro día da feira de turismo de Bilbao.

Correo-e Imprimir PDF

turismo-bilbaoLecer, praias e servizos hostaleiros centraron as consultas dos máis de 400 visitantes do stand conxunto dos concellos de Baiona e Nigrán na primeira xornada da "Feria Internacional del Turismo y Tiempo Libre de Bilbao". Así o informaron as respectivas concellarías de turismo que ten as súas responsables, Liliana Silva (Nigrán) e María Iglesias (Baiona), participando no evento.

A III Andaina congregará a creadores e artistas do país xunto a unha multitude na defensa da Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

O-galineiro-total-O escritor Manuel Rivas lerá un manifesto pola protección da Serra do Galiñeiro na III Andaina.

-Tino Baz, Cantareiras do Alba e Leo Arremecághona porán música as cumes da serra.

- Pepe Caccámo, Iago Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez e Anxo Angueira ofrecerán un recital poético baixo as gallas do monte.

Gandeiros suspenden oficialmente o curro d'A Valga na Groba, que ía celebrarse este domingo.

Correo-e Imprimir PDF

poldros en curroA suspensión dos curros do Val Miñor e Oia no 2012, deixou de ser unha advertencia dos propietarios de cabalos de monte; confirmouse. O enfrontamento entre gandeiros de bestas ceibes e a Xunta de Galicia cobra a súa primeira vítima na suspensión do Curro d'A Valga que ía celebrarse este domingo. Considerada unha das rapas máis senlleiras e coñecidas do país, o 2012 deixará un oco baleiro na súa historia. Unha ausencia que nin a guerra civil logrou, informaron os colectivos. Microchip por medio, denuncian que a Xunta de Galicia desestimou as ofertas de diálogo propostas na procura de alternativas.

Xosé Manuel Beiras brindará a conferencia "Galiza na encrucillada", no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

BeirasXosé Manuel Beiras, líder do Encontro Irmandiño, brindará a conferencia "Galiza na encrucillada", este mércores 9 de maio, ás 20:30 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. O acto terá por centro unha análise dos novos desafíos económicos, políticos e socias que enfronta o país, e as posibles alternativas posibles dende a mirada do novo nacionalismo xurdido da escisión do BNG. O acto será presentado polo concelleiro de Gondomar e portavoz do Novo Proxecto Común do Val Miñor, Xosé Antonio Araúxo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL