Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

O Novo Proxecto Común no Val Miñor constitúe as súas asembleas locais.

Correo-e Imprimir PDF

npcpresentacionA corrente nacionalista Novo Proxecto Común no Val Miñor constituíu esta semana as súas asembleas locais nos concellos de Gondomar e Baiona. Xosé Antón Araúxo Rodríguez, foi elixido Coordinador Local da agrupación gondomareña, e no caso de Baiona o coordinador local será nomeado nos próximos días a de entre os 10 membros da xunta local. O vindeiro venres 4 de maio, terá lugar a asemblea constitutiva do NPC de Nigrán, nun acto a cargo de Xosé Antonio Araúxo Quintas, portavoz comarcal da agrupación.

Músicos e escritores encabezarán " A Ruta da Agua" na III Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF

manifesto galieiroA Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro convocou a á terceira andaina polo Galiñeiro. A ruta desenvolverase o domingo 13 de maio a partir das 10:30 horas. O percorrido terá por centro a ribeira do río Zamáns, un dos principais cursos fluviais da serra.

1 e 3 de maio: Os sindicatos de xornalistas chaman a defender os dereitos dos xornalistas

Correo-e Imprimir PDF

ECKW sindicato xornalistas galicia"O Sindicato de Xornalistas denuncia que a reforma laboral prexudica máis que a ninguén aos xornalistas á peza e convoca a todos os profesionais a manifestarse polas súas reivindicacións.

O 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores, e o 3 de maio, Día Mundial da Liberdade de Prensa, conmemóranse este ano en momentos en que os profesionais dos medios de comunicación padecen unha agresión sen precedentes aos seus dereitos laborais e profesionais.

O BNG solicita que a poboación do Val Miñor sexa adscrita ao Novo Hospital en construción.

Correo-e Imprimir PDF

hlugo3-Reclama tamén a exposición pública de toda a información referida ao Novo Hospital

O Bloque Nacionalista Galego, a través da presentación de mocións nos tres concellos miñoráns, reclama á Xunta de Galiza o carácter público do Novo Hospital, así como que este sexa o hospital de referencia de toda a área sanitaria.

Presentouse oficialmente o "Novo Proxecto Común. Asemblea Val Miñor - Oia".

Correo-e Imprimir PDF

presentacion-npc-valminorInspirado nos principios do galeguismo histórico, no marco do nacionalismo de esquerda e republicano, foi presentado oficialmente nesta xornada o "Novo Proxecto Común. Asemblea Val Miñor - Oia". A formación, de carácter comarcal, agrupa persoas procedentes do BNG, o PSOE e independentes, que segundo expresan no seu manifesto constitutivo, son coincidentes na necesidade "dunha nova ferramenta política" nun tempo onde a expresión popular "todos son iguais", marca o actual afastamento do cidadán común dos partidos políticos.

O dereito dos miñoranos a ser atendidos no Novo Hospital de Vigo será debatido no pleno da Mancomunidade.

Correo-e Imprimir PDF

novohospitalvigoO concelleiro nacionalista Xosé Antón Araúxo reclamará no pleno da Mancomunidade do Val Miñor, que os veciños da bisbarra sexan incorporados a área de asistencia hospitalaria do Novo Hospital de Vigo. O ex alcalde de Gondomar e actual portavoz da Asemblea Local de Gondomar (escindidos do BNG) na corporación mancomunada, tamén formulará unha petición para que a Xunta de Galicia informe claramente sobre o novo proxecto de execución da controvertida obra, tanto do plan funcional como do arquitectónico. Xunto a outros puntos, a iniciativa será presentada na vindeira sesión do martes 24 de abril.

O BNG presentará as súas propostas no Val Miñor verbo ás participacións preferentes.

Correo-e Imprimir PDF

pumar-vieitezO BNG convoca a un acto comarcal, explicativo da problemática dos produtos financeiros, nomeadamente as accións preferentes que afecta a miles de galegos. A xuntanza contará coa presenza da responsable do BNG na bisbarra, Manuela Rodríguez Pumar e o deputado no Parlamento Galego Henrique Viéitez. O encontro de carácter aberto a todo público terá lugar na Casa da Cultura de Gondomar (Rúa Portugal s/n), a partir das 20:30h.

Pediatras reclaman igualdade de condición na cobertura dos nenos das aldeas e zonas rurais galegas.

Correo-e Imprimir PDF

revision medicaOs nenos das aldeas e zonas rurais non ten a mesma cobertura pediátrica cos que habitan nas cidades de Galicia. Á falla de medios e persoal dos centros de atención primaria os pediatras enfróntanse ao axustado dos recursos e as consecuencias dunha distribución xeográfica ineficiente. Así o fixo saber esta mañá a Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGPap), durante o anuncio da VI reunión do colectivo a celebrarase na Facultade de Medicina, en Santiago o 14 de abril.

Comunicado do Sindicato de Xornalistas de Galicia cara a folga xeral deste 29 de marzo.

Correo-e Imprimir PDF

folgaxeral2"O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) chama aos seus afiliados, todos os compañeiros do sector e a todos os traballadores a participar no paro do próximo 29 de Marzo. "O decreto-Lei de reforma laboral aprobado polo goberno español é a normativa máis agresiva contra os traballadores de todas as aprobadas na vida democrática deste país desde a fin da ditadura", argumenta o SXG nun manifesto publicado ao fío da convocatoria.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL