Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Os colectivos en defensa do cabalo salvaxe intensifican as mobilizacións contra o microchip.

Correo-e Imprimir PDF

Os colectivos involucrados na conservación e defensa do cabalo salvaxe galego apresuran unha serie de medidas co fin de que a Xunta de Galicia rectifique a súa intención de obrigarlles a colocar un microchip en cada animal. A pasada fin de semana unha reunión do colectivo en Amil, decidiu presentar observacións ao anteproxecto de lei elaborado polo goberno autonómico e solicitar unha entrevista co presidente da Xunta. As asociacións queren expresar o seu malestar porque o borrador en estudo "ignora a especificidade do patrimonio dos curros e dos cabalos ou garranos salvaxes, que non ten que ver nada coas explotacións gandeiras e outros xeitos de xestión da cabana cabalar", segundo sostiveron despois da xuntanza.

O BNG reitera a necesidade de dotar dun servizo digno de emerxencias ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
A ríada no Val Miñor 24 horas después que a Mancomunidade rexeitara unha proposta para reactivar o GRUMIR

O BNG reiterou esta tarde o chamamento ás forzas políticas da Mancomunidade para dotar ao Val Miñor dun Servizo de Emerxencias á altura das necesidades dos case 50 mil habitantes comarcais. Para o Bloque as recentes incidencias naturais como o lume, riadas e desbordes amosaron a fraxilidade do actual servizo mancomunado que tan só conta cun operario por garda. Os nacionalistas entenden que xa é hora que o PP, gobernante nos tres concellos da bisbarra, deixe de "abusar" da súa maioría absoluta e acepte unha xuntanza para atopar solucións mentres o Val Miñor non conte cun parque de bombeiros propio.

A plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro organiza unhas xornadas sobre o aproveitamento dos montes veciñais

Correo-e Imprimir PDF

A plataforma pola defensa do Galiñeiro continúa coas súas actividades de divulgación e posta en valor{plusone}O plataforma social "Pola Protección da Serra do Galiñeiro" organiza para os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro as "Xornadas sobre o aproveitamenteo multidioncional dos montes veciñais", que terán lugar no Centro Cultural de Vincios (Gondomar, Pontevedra).

A serra do Galiñeiro, lugar senlleiro e de gran significado nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e O Morrazo, acollerá unha vez mais, unha actividade social aberta ao público en xeral, a técnicos forestais e ás comunidades de montes.

Sabarís e Gondomar asulagados un ano máis

Correo-e Imprimir PDF

O río Groba de Sabarís arrastraba gran cantidade de ramallos do monte que provocaron o taponamento das pontes{plusone}Baiona e Gondomar volveron a repetir o pesadelo das inundacións coa chegada das primeiras choivas de outono. Gondomar foi o concello máis afectado polas inundacións afectando non só pola crecida dos ríos se non polas augas de escorrentía en zonas como San Cibrán.

Veciños dos dous concellos non dubidan en sinalar como a causa do problema a falta de dragado dos ríos e o abandono progresivo do monte.

A gan cantidade de maleza arrastrada polo río Groba e a pouca altura das pontes que o atravesan provocaron que se formasen diques que propiciaron o desbordamento do río á altura do colexio e a praza de abastos.

Alerta laranxa por choivas a partir das 6 da madrugada para este mércores 26 de outubro

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe METEOSAT do frente de baixas presións que se aproxima a Galicia-A Xunta alerta dun fenómeno adverso de nivel laranxa por vento e choivas nas provincias da Coruña e Pontevedra

-A alerta laranxa por choivas afectará ao oeste e suroeste da provincia da Coruña e nas Rías Baixas da provincia de Pontevedra a partir das 6 horas de mañá

-Estes fenómenos meteorolóxicos en terra súmanse á alerta laranxa costeira que se iniciará a partir das 10 horas nas provincias de Pontevedra e Coruña

Aprobadas as reformas e o regulamento da piscina mancomunada do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Foi aprobada a reforma da piscina mancomunada do Val Miñor

A Mancomunidade do Val Miñor celebrou hoxe sesión ordinaria con dous puntos na orde do día. Ambas as cuestións referidas á Piscina Mancomunada. O pleno deu o visto e prace e autorizou por unanimidade a realización de obras de modificación de saídas de urxencia das citadas instalacións para adaptalas á normativa vixente.

A Xunta de Galicia non eximirá aos cabalos ceibes da obrigatoriedade do microchip.

Correo-e Imprimir PDF
Os cabalos ceibes deberán portar un microchip.

O borrador do Decreto da Xunta de Galcia que regulará entre outros o rexistro e identificación dos cabalos do monte obrigará aos seus propietarios a colocar un transpondedor ou microchip en cada animal. O novo sistema de identificación dos équidos, practicamente non fai distincións entre animais en réxime de explotación económica e os que se atopan en condicións salvaxe. Así o corrobora o capítulo IV do documento onde estipula como réxime xeral a obligatoriedade dos propietarios de contar cun documento de identificación individual, permanente e único para cada animal e a aplicación dun transponedor ou microchip. O documento da Consellería de Medio Rural atópase a partir deste luns 24 de outubro sometido a información pública durante 20 días hábiles.

Permanece vixente a prohibición de queimas controladas ata novo aviso en todo o territorio galego.

Correo-e Imprimir PDF

Accidente_SilleiroA Consellería do Medio Rural reitera que ata novo aviso está prorrogada, como medida preventiva, a prohibición de queimas controladas nos montes galegos e área de influencia forestal. Esta medida preventiva prorrogouse no inicio de outubro debido ás condicións climáticas e á seca, que afecta a boa parte do territorio galego dende a primavera.

O Val Miñor permanecerá cun só axente por quenda no Servizo de Emerxencias.

Correo-e Imprimir PDF
O Val Miñor continuará incapacitado operativamente cun só bomberio por quenda

O Servizo de emerxencias do Val Miñor continuarán cun só axente por garda. A decisión foi manifestada no día de onte polo presidente de quenda da Mancomunidade, o alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuíña, e apoiada polos seus pares de Gondomar e Nigrán, segundo manifestaron os catro membros do ex GRUMIR Val Miñor, despedidos en abril pasado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL