Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

O PSOE destapa un informe da Xunta que advierte dun período de seca en Galicia ata febreiro de 2012

Correo-e Imprimir PDF

Mapa de previsión de precipitacións para esta semán - Fonte Meteogalicia.orgMeteogalicia advirte no informe presentado á Consellería de Medio Ambiente, da prolongación dun inverno seco e sen choivas ate febreiro-marzo de 2012.

Os  concelleiros socialistas de Baiona e Nigrán critican a pasividade dos organismos locais, provinciais e autonómicos ante os datos do informe e os problemas de abastecemento que planean dende fai meses sobre os seus concellos.

O fenómeno atomosférido de "La Niña" no Pacífico Ecuatorial, sería o causante de que os frentes fríos e con choivas non alcancen as costas galegas.

    A Xunta deixa sen axudas ás institucións culturais de Galicia para 2011 e parte do 2012.

    Correo-e Imprimir PDF

    CULTURA-2As asociacións culturais galegas quedan sen axudas para o seu funcionamento así como para a realización de actividades e programas culturais para o ano 2011 e parte do 2012. A Orde do 5 de outubro da Consellería de Cultura e Turismo pulicada onte no DOG deixa sen efecto a convocatoria do pasado 11 de maio, que en réxime de concorrencia competitiva beneficiaba ás fundacións, asociacións e institucións culturais no desenvolvemento das súas actividades no país.

    A xustiza dalle a razón aos catro ex GRUMIR que recurriron o despido da Mancomunidade.

    Correo-e Imprimir PDF
    A mancomunidade terá que readmitilos ou idemnizalos con 30.000 euros A xustiza determinou que son improcedentes os despidos aos operarios do ex GRUMIR Val Miñor, decretados no pasado mes de abril pola Mancomunidade do Val Miñor. Catro dos nove funcionarios cesados presentaron daquela unha demanda contra a administración e agora, a xustiza deulles a razón nunha sentenza con data 11 de outubro. Mañá vence o prazo para que a administración comarcal presente un recurso na sede xudicial. De non facelo, deberá pagar 30 mil euros en total aos 4 involucrados en concepto de resarcimento ou readmitilos nas súas funcións. Os catro operarios manifestan a súa intención de volver aos seus postos de traballo.

     

    Para a Xunta, Baiona e Nigrán contan con reservas de auga para 84 días, dende Vigo alertan que só para 45.

    Correo-e Imprimir PDF

    Na xuntanza deste venres pola mañá da Comisión Autonómica de Seguimento da Seca informouse que o encoro de Zamáns está ao 37,38% das súas reservas. A presa estaría en condicións de seguir subministrando auga a Vigo, Nigrán e Baiona ata o vindeiro 4 de xaneiro (84 días), de seguir na actual situación de seca, afirmou Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia. Polo contraio, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou tamén esta mañá que “queda auga para 45 días”, polo que solicitou á Xunta de Galicia unha obra de condución, que debería aprobarse xa pola vía de urxencia, desde los ríos Oitavén e Verdugo, ata a presa de Eiras.

    Arqueólogos miñoranos realizan exhumación de cinco vítimas da represión franquista en Vilarmaior.

    Correo-e Imprimir PDF
    Cemiterio de Grandal onde traballan os arqueólogos do IEM. (Imaxe Xilberte Manso)

    A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña impulsou os traballos de exhumación de cinco cadáveres no cemiterio de San Pedro de Grandal, concello de Vilarmaior (A Coruña) que está a realizar o Instituto de Estudos Miñoranos. A intervención arqueolóxica desenvólvense segundo os protocolos de exhumación aprobados a nivel internacional. As vítimas dos fusilamentos cuxos restos se espera atopar son  Manuel Varela, veciño de Vilamaior, asasinado o 11 de setembro de 1936; e Xosé Rodríguez Braxe, nado en Cabanas, fusilado o día 15 do mesmo mes. Dos outros tres descoñecese exactamente  a súa identidade.

    En 5 anos a presenza de cabalos ceibes na Groba podería reducirse a un grupo testemuñal.

    Correo-e Imprimir PDF
    Modesto Domínguez e Javier Álvarez en representación dos propietarios de cabalos da Groba convocan á manifestación do 12 de outubro en Baiona.

    En 5 anos o patrimonio cabalar ceibe da Groba quedaría nun grupo testemuñal de manterse a actual dinámica de venda de exemplares a prezos irrisorios. Logo da tempada de curros no pasado verán, os propietarios viron como as mellores eguas e poldros saín cara aos matadoiros de Portugal e outros puntos de España por menos de 40€. A clave do problema, segundo denuncia a Asociación de Cabalos do Monte da Groba, está nos custes de mantemento, agravados pola actual normativa de Xunta de Galicia que os obriga a colocar un microchip identificatorio próximo aos 30€. Por iso o colectivo convocou esta mañá a unha manifestación cabalar e a pé para o vindeiro mércores 12 de outubro no Concello de Baiona.

    Os docentes da bisbarra do Val Miñor convocan mobilizacións a prol da defensa do Ensino Público.

    Correo-e Imprimir PDF
    Cartaz da convocatoria á mobilización dos profesores do CEIP Humberto Juanes de Nigrán.

    A partir do vindeiro martes 11 de outubro comezan unha serie de mobilizacións por parte do colectivo docente da bisbarra a prol de informar e sensibilizar sobre a afectación dos recortes da Xunta de Galicia sobre a situación do ensino na comarca. Colocación de pancartas con lemas en defensa do ensino público nos centros, concetracións con pais e nais o martes 11 de outubro e a preparación dunha concentración masiva de tódolos docentes do Val Miñor para o día 18 de outubro ás 20 horas, é parte do programa de actividades a desenvolver. A inciativa tamén contempla convocar ás ANPAS para explicar o conflito e promover plataformas conxuntas de defensa deste servizo público.

    Setembro Negro no Val Miñor: 3973 veciños no paro, 229 máis que en agosto.

    Correo-e Imprimir PDF

    paroO 13% dos habitantes do Val Miñor en idade de traballar, integran os rexistros do paro ao 30 de setembro, segundo datos aportados pola Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. O concello máis golpeado é o de Gondomar onde o 14,70% da súa poboación activa está desocupada. As cifras non son mellores nos municipios veciños: Baiona alcanza o 12,06 % e Nigrán o 11, 87 %. Das 3973 persoas sen traballo, 229 máis que en agosto, 1416 están empadroadas en Gondomar, 1481 en Nigrán e 1030 en Baiona. En datos porcentuais, a suba do paro entre agosto e setembro foi dun 8,88% (84 persoas) en Baiona, 3,25% (46 persoas) en Gondomar e 7,16% en Nigrán (99 persoas). A media do incremento do paro para toda a autonomía estivo nun 7,79%.

     

     

    Os miñoranos na diáspora poderán beneficiarse dun convenio que axiliza os trámites de propiedade.

    Correo-e Imprimir PDF
    O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, e o decano do Colexio de Rexistradores das Propiedade e Mercantís de España , Alfonso Candau, na sinatura do convenio

    O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, e o decano do Colexio de Rexistradores das Propiedade e Mercantís de España , Alfonso Candau asinaron un convenio que busca "unha administración máis áxil" que beneficie aos galegos residentes no exterior, á hora de demostrar a súa titularidade sobre bens situados no país . Dende Emigración salientaron que para moitos paisanos na diáspora, a demostración da propiedade dun ben "pode significar un alivio económico moi importante". A medida ten por finalidade facilitar os trámites administrativos a milleiros de emigrados galegos e os seus herdeiros.

    JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL