Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Arqueólogos miñoranos realizan exhumación de cinco vítimas da represión franquista en Vilarmaior.

Arqueólogos miñoranos realizan exhumación de cinco vítimas da represión franquista en Vilarmaior.

Correo-e Imprimir PDF
Cemiterio de Grandal onde traballan os arqueólogos do IEM. (Imaxe Xilberte Manso)

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña impulsou os traballos de exhumación de cinco cadáveres no cemiterio de San Pedro de Grandal, concello de Vilarmaior (A Coruña) que está a realizar o Instituto de Estudos Miñoranos. A intervención arqueolóxica desenvólvense segundo os protocolos de exhumación aprobados a nivel internacional. As vítimas dos fusilamentos cuxos restos se espera atopar son  Manuel Varela, veciño de Vilamaior, asasinado o 11 de setembro de 1936; e Xosé Rodríguez Braxe, nado en Cabanas, fusilado o día 15 do mesmo mes. Dos outros tres descoñecese exactamente  a súa identidade.

No caso de Xosé Rodríguez Braxe existe certificación do Rexistro Civil que dá conta do seu falecemento, aínda que a folla parroquial de defuncións está desaparecida. O mesmo ocorre cos documentos da época do Xulgado de Paz de Vilarmaior, cuxa dependencias arderon a finais dos anos 40.  No que respecta aos outros fusilamentos, hai constancia oral pero non acta de defunción. Xosé Rodríguez Braxe era o avó do ex-deputado no Congreso de Deputados polo Bloque Nacionalista Galego, Francisco Rodríguez Sánchez quen iniciou a procura dos restos do seu avó e estableceu os contactos precisos coas persoas implicadas no proceso de exhumación e identificación.

O arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) dirixe os traballos de campo nas escavacións, onde participa parte do equipo da Sección Arqueolóxica así como da Memoria Histórica do IEM. Os estudos anatómicos forenses dos restos localizados estarán baixo responsabilidade de Fernando Serrulla, do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). Posteriormente procurarase a identificación dos restos a través dunha comparativa do ADN cos dos seus descendentes. Estes traballos estarán dirixidos por Ángel Carracedo, director do Instituto de Medicina Forense da Universidade de Santiago de Compostela.

Dim lights Embed Embed this video on your site