Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Arden 35 hectáreas en Mougás e Medio Rural ten sospeitas de que sexan incendios intencionados.

Correo-e Imprimir PDF

A Consellería do Medio Rural informa do control dos dous lumes forestais rexistrados no veciño concello de Oia, concretamente na parroquia de Mougás. Estes dous incendios iniciáronse de madrugada, de xeito case simultáneo (ás 00:01 e 00:10 horas, respectivamente), separados por unha distancia inferior a 1 quilómetro (uns 800 metros), en ambos lados dunha ladeira. Pola súa proximidade, o inicio practicamente simultáneo e a hora nocturna do comezo, "todo apunta a que sexan intencionados" sinalou a Consellería mediante un comunicado.

EU define candidaturas para o 20-N e convoca a unha asemblea aberta para debater programa.

Correo-e Imprimir PDF

candidatos_vigoAs agrupacións miñoranas de Esquerda Unida participarán dunha asemblea de delgados da provincia de Pontevedra para definir candidaturas de cara ás vindeiras eleccións nacionais do 20 de Novembro. A reunión terá lugar o vindeiro sábado 24 de setembro ás 10 horas no Hotel Coia (R/Sanxenxo s/n), en Vigo. Ao mesmo tempo convócase a unha asemblea aberta onde poderán participar non afiliados á corrente política, co fin de debater e achegar ideas para a elaboración dun programa político. Os convocantes salientan a súa intención de traballar xunto con todas as persoas que "forman parte das enerxías sociais alternativas".

Asemblea aberta das agrupacións de Esquerda Unida no Val Miñor para debater programa político.

Correo-e Imprimir PDF

As agrupación de Esquerda Unida de Gondomar e Nigrán convocan a unha asemblea local aberta para o vindeiro venres 16 de setembro ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar. Os seus portavoces Delvino Domínguez (Gondomar) e Betty León Fong (Nigrán) salientan que a xuntanza enmárcase dentro do obxectivo de EU para “desenvolver con colectivos sociais plurais unha proposta de Convocatoria Social para unha Alternativa Programática para construír de maneira colectiva un Novo Programa Político de Esquerda”.

As averías nos semáforos de Mañufe e San Pedro da Ramallosa poñen en perigo a peóns e condutores.

Correo-e Imprimir PDF

semaforo-non-funcionaO semáforo situado na estrada Gondomar - A Ramallosa, á altura do cruceiro de Mañufe, leva máis dunha semana inoperativo. O mesmo ocorre co que se atopa no perigoso cruce da estrada de Vilariño a San Pedro da Ramallosa á altura do cruceiro de San Pedro. Neste último caso, a ausencia do mesmo nun punto de nula visibilidade implica que os condutores de vehículos en moitos casos baixen deles para ver se non hai tránsito no sentido contrario. Nos dous casos constatados non existe sinais que advirtan aos viandantes .

Comezou a folga no servizo de emerxencias por 24 horas.

Correo-e Imprimir PDF

ambulancias-manifestacion-baionaO persoal de ambulancias vai á folga este xoves 8 de setembro contra os recortes nos servizos.

O paro desenvólvese dende as 0 ás 24 horas, e abrangue a todas as empresas afectadas polo convenio galego.

Paso a paso como votar nas nacionais do 20-N para os miñoranos e demais galegos na diáspora.

Correo-e Imprimir PDF

urna{plusone} A Secretaría Xeral da Emigración ven de colgar na súa web corporativa www.galiciaaberta.com toda a información necesaria para que os galegos residentes no exterior poidan exercer o seu lexítimo dereito a voto nas eleccións xerais anunciadas para o 20 de novembro polo presidente do Goberno español.

15 km de ríos miñoranos integran a avaliación preliminar do risco de inundación de Augas de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
Francisco Menéndez na presentou o estudo sobre o Risco de Inundación en Galicia- Costa.

Son 15,38 km de ríos e regatos da zona delimitada como Ría de Baiona, os que figurarán na presentación preliminar do risco de inundación elaborado por Augas de Galicia, na parte que afecta ao Val Miñor. O seu director Francisco Fernández aclarou que se trata da primeira das fases dos traballos que determina a Directiva de Avaliación e Xestión dos Riscos de Inundación (Directiva 2007/60/CE). Esta norma establece novos instrumentos para reducir as posibles consecuencias das inundacións mediante a xestión do risco, apoiada nunha cartografía de perigosidade e de risco que se xera no propio proceso. O plan a estudo comprende a totalidade da bacía Galicia - Costa.

Vespas e Lambrettas percorreran o Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Foto-VespasO vindeiro sábado 3 de setembro modelos de auténticas vespas e lambrettas percorrerán 60 km das rúas do Val Miñor. A I Volta ao Val Miñor en Vespa e Lambretta, organizada por Vespamiñor Scooter Club en colaboración cos Concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar, ofrecerá ademais unha exposición de vespas na contorna do Porto de Panxón.

Urxencias Sanitarias 061 afirma estar a desenvolver un novo plan co fin de optimizar recursos.

Correo-e Imprimir PDF

ambulancia_061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou nesta xornada que está a desenvolver un Plan de Mellora na rede de transporte sanitario urxente "coa fin de optimizar os seus recursos". O Plan, que comezará a aplicarse no mes de setembro afírmase por parte da institución que "garante a cobertura sanitaria ao conxunto da cidadanía galega."

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL