Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Asemblea aberta das agrupacións de Esquerda Unida no Val Miñor para debater programa político.

Asemblea aberta das agrupacións de Esquerda Unida no Val Miñor para debater programa político.

Correo-e Imprimir PDF

As agrupación de Esquerda Unida de Gondomar e Nigrán convocan a unha asemblea local aberta para o vindeiro venres 16 de setembro ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar. Os seus portavoces Delvino Domínguez (Gondomar) e Betty León Fong (Nigrán) salientan que a xuntanza enmárcase dentro do obxectivo de EU para “desenvolver con colectivos sociais plurais unha proposta de Convocatoria Social para unha Alternativa Programática para construír de maneira colectiva un Novo Programa Político de Esquerda”.

Nunha dinámica de coloquios e debates sobre temas económicos, laborais, culturais e socias, a xuntanza intenta “propiciar ao máximo a participación de cantas persoas e colectivos estean interesadas en producir un novo programa político que exprese os intereses e demandas das mulleres e homes de esquerdas: activistas sociais, sindicalistas, traballadoras e traballadores do sector cultural, profesionais, ecoloxistas etc.”sinalan no comunicado da convocatoria.

Dos resultados destes traballos se elaborará un “Borrador de Programa” para o seu posterior debate en vindeiras reunións.