Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Un estudo revela a desprotección da Serra da Groba na nova Proposta de ampliación da rede Natura 2000.

Correo-e Imprimir PDF

serra-da-groba-paseantesA liña de cumes da Serra da Groba, así como o 70% das turbeiras fundamentais para a regulación hídrica e a biodiversidade do sistema montañoso do Val Miñor quedaría fóra da protección legal coa actual redacción feita pola Xunta de Galicia, da Proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia. Así consta no estudo e alegacións recentemente presentado de xeito conxunto por 40 organizacións sociais, que van dende Greenpeace, decenas de plataformas españolas e galegas, así como as miñorás Salvemos Monteferro, SOS Groba e o Instituto de Estudos Miñoranos.O devandito estudo sustenta un reclamo presentado polo colectivo ante a Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, durante o período aberto ás alegacións que pechou o pasado sábado 17 de marzo.

Xurde novo espazo nacionalista no Val Miñor e Oia, crítico coa actual condución nacional do Bloque.

Correo-e Imprimir PDF

A división do BNG a nivel nacional xa ten a súa nova faciana na bisbarra coa constitución dunha asemblea de militantes nacionalistas denominada "Novo Proxecto Nacionalista Común do Val Miñor – Oia". O colectivo agroma no convencemento de que o BNG, logo da pasada XIII Asemblea Nacional, deixou de ser "a casa común" do nacionalismo de esquerdas, en tanto confirmou "a existencia de dúas posturas diferenciadas que representan modelos organizativos antagónicos". A nova agrupación -integrada maioritariamente por independentes e algúns membros do Encontro Irmandiño e Máis Galiza- manifesta a súa intención de transitar "en boa avinza" a separación co BNG.

As forzas vivas da bisbarra reúnense en Gondomar a prol da defensa da Sanidade Pública.

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaEste luns, ás 19:30 horas a Plataforma SOS Sanidade Pública vai celebrar unha reunión na Casa da Cultura de Gondomar. A mesma están convocados os partidos políticos, sindicatos e plataformas veciñais da bisbarra do Val Miñor aos efectos de facer un análise da situación sanitaria da comarca e a área metropolitana de Vigo.

Os carrís bicis de Ramallosa e Baiona teñen moito perigo

Correo-e Imprimir PDF

Pasamans-RamallosaA mala colocación do mobiliario urbano son os causantes dunha situación de perigo para os usuarios destes carrís bicis.

Ainda que o principal perigo dos ciclistas son os coches, circular polas zonas delimitadas para ás bicicletas non os libra doutros perigos. Neste caso nas zonas de A Ramallosa e Baiona, e os causantes deste perigo son a mala colocación do mobiliario urbano que no caso de A Ramallosa unha barandilla invade o carril bici, e no caso de Baiona os bancos de ferro son unha guillotina para calquer ciclista despistado.

A campaña de Vitaminas para o galego aglutina xa a 200 mecenas

Correo-e Imprimir PDF

calendario vitaminas_galegoA campaña de apoio aos medios en galego comeza esta semana unha segunda fase. Como seguinte paso, “Vitaminas para o Galego” está a traballar para organizar un festival artístico o próximo 27 de abril en Santiago de Compostela. O cartel do próximo festival en Compostela no están aínda pechado, pero pola de agora está confirmada a actuación da banda punk de Muros Terbutalina no centro social a Gentalha do Pichel.

A atención nos Centros de Día privados do Val Miñor é máis barata que a que brindará a Mancomunidade.

Correo-e Imprimir PDF

Se a atención dun usuario nos Centros de Día privados do Val Miñor apenas supera os 650€ mensuais, por que a que brindará a Mancomunidade do Val Miñor custará case 1.000€? A pregunta a formulou a agrupación municipal do PSOE de Baiona, durante o pasado pleno da corporación, e segue de momento sen receber resposta. O convenio asinado entre a Mancomunidade e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o pasado 27 de decembro, estipulou en 45€/día, o custe por usuario no Centro de Día mancomunado de Sabarís. Importe que se dividirá por partes iguais entre o Concello onde está empadroado o usuario, a Xunta de Galicia e o propio usuario.

“Vitaminas para o galego” demostra a demanda real de medios na lingua propia

Correo-e Imprimir PDF

calendario vitaminas_galegoA campaña, na que valminor.info é un dos dez organizadores, case duplica o obxectivo de recadación inicial.

Aínda quedan unhas horas días para contribuír e levar alguns dos novos agasallos coma unha finde semán para dúas persoas nun balneario en Palas de Rei en Lugo, 6 queixos de D.O. de Arzúa ou 1 cesta de froitas do país.

A campaña de apoio aos medios está a piques de duplicar as súas expectativas iniciais de recadación. "Vitaminas para o galego" naceu hai un mes co obxectivo de recadar 3.300 euros para poder iniciar a súa andaina de difusión por toda Galicia e hoxe, cando quedan unhas para a súa finalización, achegábase aos 6.500 euros en doazóns a través de Internet. En opinión das cabeceiras organizadoras, este éxito demostra que, malia desaparición de varios medios na lingua propia no último ano, existe unha demanda e un compromiso social real pola información en galego.

Rafael Louzán valora positivamente o aumento do IBI respecto á saúde das arcas municipais.

Correo-e Imprimir PDF

rafaellouzanO incremento do 10 % no imposto de bens inmobles (IBI) decretado desde o Goberno de España para todos os municipios do país, foi avaliado positivamente por Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra. Onte, durante un encontro cos medios, fixo un repaso de como afecta ás arcas de concellos da provincia. No que respecta ao Val Miñor, o presidente mencionou o caso de Baiona e Nigrán que no seus cálculos recadarían 224.000 e 472.000 euros respectivamente.

Despedimento de xornalistas de cobertura local en seis medios galegos.

Correo-e Imprimir PDF

Periodistas
Localia Pontevedra, Localia Vigo, varias delegacións de La Voz de Galicia (nas delegacións e subdelegacións de Vigo, Carballiño ...), varias delegacións da CRTVG, Radio Voz e a emisora pública do Concello de Ames. Estas son algúns dos medios de información que nas últimas semanas despediron a profesionais que se dedicaban principalmente á información local, denunciou nesta xornada o Sindicato de Xornalistas de Galicia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL