Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Val Miñor: o 2012 comezou con 4.569 veciños no paro e o 15% da súa poboación en risco de pobreza.

Correo-e Imprimir PDF

partirelpan

O 15% dos miñoráns non teñen traballo. Son 4.569 os veciños que en xaneiro non terán unha nómina para achegar ao seu fogar. A gráfica do desemprego está en caída libre e en concellos como o de Gondomar xa afecta ao 16,85% da súa poboación en idade de traballo (16 a 64 anos). O resto da bisbarra non ten unha paisaxe moi diferente, o paro en Baiona afecta ao 14,13% dos seus veciños e en Nigrán ao 13,53%.

Esquerda Unida denuncia que a subida do IBI na bisbarra afectará por riba do 10% anunciado polo goberno.

Correo-e Imprimir PDF

ConsejoMinistros4Esquerda Unida denuncia que a subida de impostos de bens inmobles aprobada polo goberno español afectará por riba do 10% anunciado polo equipo de goberno de Mariano Rajoy á bisbarra do Val Miñor. O estudo de EU chega a esta conclusión logo de sumar os incrementos ao IBI xa aprobados con anterioridade polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Falece un home en Oia mentres practicaba mergullo

Correo-e Imprimir PDF

Un home faleceu a mañá do sábado mentres practicaba pesca submarina no municipio pontevedrés de Oia, segundo confirmou o servizo de urxencias 112 da Xunta.

A Xunta dá o visto e prace ao informe ambiental que habilita o parque eólico na Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

mapa elolico_grobaCatro anos despois da súa adxudicación, o parque eólico Albariño I a instalarse na Serra da Groba xa conta coa aprobación do informe de impacto ambiental por parte da Xunta de Galicia. O polígono afectará parte dos territorios dos concellos de Oia, Baiona, Tomiño e Gondomar. O parque constará de 11 aeroxeradores de 2.300 kW de potencia que dotarán á instalación dun total de 25,3 MW. A titular do proxecto é a empresa EUROVENTO, S.L.U. e a obra contará cun orzamento de 33.294.244,57 euros e a súa execución tería unha duración estimada de 10 meses.

Almuíña deixa a presidencia da mancomunidade do Val Miñor que pasa ao gondomareño Fernando Guitián.

Correo-e Imprimir PDF

 

tres-alcaldes-010A presidencia rotativa do ente supramuncipal da bisbarra pasa a Gondomar a partir do ano 2012.  O alcalde popular Fernando Gutián deberá presidir agora unha mancomunidade que transitou no 2011 por varios conflitos, nomeadamente o desmantelamento do seu servizo de emerxencias que quedou cun só profesional por quenda e o servizo de ambulancias 061, cunha única unidade con base na comarca de luns a venres.

O número de mulleres medra no Val Miñor e supera en 586 aos homes segundo os datos do INE 2011.

Correo-e Imprimir PDF

44.110 persoas habitan no Val Miñor segundo a recente achega do Instituto Nacional de Estadística, na que se actualizan os cambios demográficos ocorridos durante o 2011 en todo o territorio español. A bisbarra incrementa así nun 0,36% a súa poboación co respecto ao 2010, nomeadamente 157 novos veciños foron rexistrados nos últimos 12 meses nos padróns de Baiona, Gondomar ou Nigrán. As mulleres constitúen o 50,66% do total de empadroados, 586 máis ca o número de homes da comarca. Nigrán é o único concello que perde habitantes neste período, con 30 empadroados menos que no 2010.

330€ custará recibir os servizos do futuro centro de día mancomunado de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

Uns 330 euros mensuais custará acceder aos servizos do centro de día que a partir do primeiro trimestre de 2012 poñerá en funcionamento a Mancomunidade do Val Miñor. A tarefa corresponde a un terzo do valor total, sendo subvencionado o resto da contía polos concellos miñoráns e a Xunta de Galicia por partes iguais. A medida foi anunciada pola administración mancomunada logo de asinar un acordo co Consorcio Galego de Servizos e Igualdade e Benestar da Consellaría de Traballo, no que tamén se decidiu elixir o recentemente remodelado centro de Sabarís (Baiona), como base dos servizos.

Colabora con valminor.info e os medios en galego

Correo-e Imprimir PDF

Vitaminas para o galegoAos Cempés a iniciativa de mecenazgo a través da Plataforma catalana Verkami funcionoulles de marabilla. Conseguiron editar o seu novo disco a través das pequenas achegas dos seus siareiros.

Agora é a campaña “Vitaminas para o galego”, presentada por 10 medios do país, a semana pasada en Arzúa a que busca o compromiso dos lectores, o compromiso da cidadanía, para asegurar a súa supervivencia.

O miñorano Xosé A.Pereira e a Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñerio reciberon o premio OSÍXENO 2011.

Correo-e Imprimir PDF

oxdioxredO labor do comuneiro miñorano Xosé Alfredo Pereira e da Asociacion pola Defensa da Serra do Galiñeiro foron recoñecidos cos premios OSÍXENO 2011á mellor actuación ambiental. Pereira na categoría individual e a Plataforma na colectiva, recibiron a 11ª edición deste galardón nunha cerimonia organizada pola Asociacion para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), creadora do premio, o pasado fin de semana no concello de Arzúa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL