Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Esquerda Unida denuncia que a subida do IBI na bisbarra afectará por riba do 10% anunciado polo goberno.

Esquerda Unida denuncia que a subida do IBI na bisbarra afectará por riba do 10% anunciado polo goberno.

Correo-e Imprimir PDF
ConsejoMinistros4

Esquerda Unida denuncia que a subida de impostos de bens inmobles aprobada polo goberno español afectará por riba do 10% anunciado polo equipo de goberno de Mariano Rajoy á bisbarra do Val Miñor. O estudo de EU chega a esta conclusión logo de sumar os incrementos ao IBI xa aprobados con anterioridade polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

 

A partir da medida do goberno adoptada o pasado 30 de decembro, para os anos 2012 e 2013 a subida vai a ser dun 15,38% en Gondomar, dun 20% en Baiona e no caso de Nigrán dun 20% entre esta subida e a recentemente aprobada polo goberno municipal. Dita subida vai a afectar a todos os inmobles urbanos dos concellos do Val Miñor.

As agrupacións de EU do Val Miñor salienta que o imposto de bens inmobles "grava o valor dos bens inmobles sen ter en consideración as circunstancias persoais dos propietarios nin o destino que se lle da. O aumento vai a afectar por igual ás familias con todos os seus membros en paro, aos traballadores aos que se conxelou o salario e aos pensionistas". Neste senso , aseguran que "a maioría destes últimos a subida do 1% das pensións aprobadas a van a perder coas subidas de impostos realizadas. Tampouco diferenza se a vivenda esta destinada a exercitar o dereito a unha vivenda digna recoñecido na Constitución ou se é destinado a segunda residencia. No caso das vivendas baleiras e potestativo dos concellos establecerlle un recargo."

Por último Esquerda Unida considera que as medidas adoptadas polo goberno" van na medida, iniciada polo PSOE coa subida do IVA, de facer pagar as consecuencias da crise a todos por igual". Esta corrente entende que "as medidas adoptadas polo goberno van a seguir gravando máis as rendas do traballo e das pensións que as do capital e van a traer como consecuencia a destrución de postos de traballo."