Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Este venres concerto a prol dos medios en galego en Redondela

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz do acto en RedondelaA campaña de apoio aos medios en galego realiza este venres unha presentación-concerto en Redondela. O arpista ex compoñente de Milladoiro, Roi Casal e a cantante Silvia Ferré, actuarán antes e despois da presentación de "Vitaminas para o galego". Valminor.info estará presente no acto para falar da experiencia e problemática dos medios locais e comarcais.

O acto terá lugar a partir das 19:30 na Casa da Cultura desta vila organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela .

Misa comarcal en Vigo en memoria de Manuel Fraga.

Correo-e Imprimir PDF

fraga-manuelO PP de Pontevedra dispuxo a celebración de catro misas en memoria de Manuel Fraga nas principais áreas comarcais da provincia. Os militantes e dirixentes do PP do Val Miñor están convocados a participar da misa funeraria a celebrarse o vindeiro luns 22 de xaneiro ás 19 horas na Colexiata de Santa María en Vigo.

Nigrán, Gondomar e Morgadáns sen subvencións no 2012 se non cumpren co Consello de Contas.

Correo-e Imprimir PDF

tres-alcaldes-010Os Concellos de Nigrán e Gondomar, así como a Entidade Local de Morgadáns corren o perigo de non recibir subvencións da Xunta de Galicia por mor do seu atraso na presentación das contas municipais do exercicio 2010. De feito, de aplicarse a normativa vixente, as tres administracións están xa fóra das liñas de axudas destinadas á formación de adultos, pechada o pasado luns 16 de xaneiro. As devanditas administracións tiñan prazo ata o pasado 14 de outubro para achegar a domumentación ante o Consello de Contas. A partir desa data e ata non dar cumprimento á obriga, Nigrán, Gondomar e Morgadáns non poderán participar das liñas de subvencións autonómica.

Tres días de loito oficial en toda Galicia polo falecemento do ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne.

Correo-e Imprimir PDF

fragaA Xunta de Galicia acordou decretar tres días de loito oficial en toda a autonomía polo falecemento do ex presidente Manuel Fraga Iribarne. Aos 89 anos, Fraga foi vítima dun fallo cardíaco na noite do pasado domingo 15. O velorio terá lugar no seu domicilio de Madrid. Os restos do político galego serán soterrados este martes 17 de xaneiro en Perbes, no concello de Miño (A Coruña)

A Xunta aprobou os estatutos de fusión dos entes públicos Augas de Galicia e Obras e Servizos Hidráulicos.

Correo-e Imprimir PDF

feijoo2O Consello de Xunta de Galicia aprobou nesta xornada os estatutos do futuro organismo autónomo Augas de Galicia. O mesmo supón a fusión dos entes públicos Augas de Galicia e a empresa pública Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH).

A campaña a prol dos medios en galego supera as expectativas de recadación

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da campaña Vitaminas para o galego

A campaña na que participa Valminor.info conxuntamente a outras cabeceiras a prol dos medios na lingua do país, acaba de lograr o seu primeiro éxito. "Vitaminas para o Galego" conseguiu recadar máis de 4.000 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación.

O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.

As contribucións organizáronse a través da web de mecenado de Verkami, onde se poden seguir facendo achegas. A cambio da súa contribución, os internautas recibirán material de promoción da campaña. Un deles, que aportou 1.000 euros, gozará na súa casa dun concerto do Leo i Arremecaghonacona e cinco quilos de percebes.

Trens galegos circulan sen o obrigatorio interventor

Correo-e Imprimir PDF

revisor renfeDesde hai semanas, moitos trens circulan por Galicia sen interventor a pesar de que é ilegal. Até 16 convois circularon así nun mesmo día. Non é unha situación illada e repítese con frecuencia. Polo momento, e a pesar das protestas, Renfe non aportou unha solución. Esta eiva é común nos trens das 14.00 horas de Vigo a A Coruña e nos das 10.30 co mesmo destino.

Actualmente en Galicia hai arredor de 30 interventores traballando, pero só 28 son efectivos, dos que tres, ademais, pertencen ao corporativo e a outros dous están pendentes de traslado. Ademais, nos últimos anos, tamén se suprimiron interventores pola desaparición dos trens de mercadorías.

Medio Rural subvencionará ata o 60% do custe do microchip de identificación equina no 2012.

Correo-e Imprimir PDF

poldros en_curroAta 24 euros por cabalo pagará a Xunta de Galicia nas axudas 2012 para a compra e instalación dos microchip  de identificación equina. O contía responde ao 60% do valor estimado por Medio Rural, como custe máximo do transmisor, uns 40 euros, IVE incluído. Os propietarios de gando cabalar terán que pagar previamente do seu peto aos veterinarios o total ou a parte non subvencionada do microchip, e logo competir para a obtención da axuda.

Alfonso Tellado pon a voz na campaña das emisoras municipais galegas sumándose á iniciativa "Vitaminas para o galego"

Correo-e Imprimir PDF

O mediático Alfonso Tellado pon a voz na campaña das emisoras municipais galegas sumandose á iniciativa "Vitaminas para o galego". Esta semana as radios públicas locais de Galicia comezaron a emitir os anuncios da proposta dos medios de comunicación en lingua galega. Trátase dunha nova fase da campaña, despois do éxito logrado na plataforma de micromecenas Verkami, iniciativa que continua ata finais do mes de xaneiro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL