Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Xunta aprobou os estatutos de fusión dos entes públicos Augas de Galicia e Obras e Servizos Hidráulicos.

A Xunta aprobou os estatutos de fusión dos entes públicos Augas de Galicia e Obras e Servizos Hidráulicos.

Correo-e Imprimir PDF
feijoo2

O Consello de Xunta de Galicia aprobou nesta xornada os estatutos do futuro organismo autónomo Augas de Galicia. O mesmo supón a fusión dos entes públicos Augas de Galicia e a empresa pública Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH).

 

Segundo avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, esta decisión implica "máis austeridade, desde o punto de vista de gasto corrente; e máis axilidade, xa que dividimos a administración hidráulica galega en catro áreas: área técnica, área de servizos e asesoría xurídica, área de xestión do dominio público hidráulico e área económico-financeira".