Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Valminor.info e 8 medios de comunicación galegos presentan en Arzúa a campaña "Vitaminas para o galego"

Correo-e Imprimir PDF

Pedro Telmo, Marcos Pena e Enrique Sanfiz na presentación da campaña en Arzúa"O idioma galego precisa de axudas, de vitaminas" afirmaron este mediodia en Arzúa os promotores da campaña "Vitaminas para o galego".

Indicaron que "se se quere garantir a transmisión interxeracional da lingua, é necesario contar con medios de comunicación que empreguen o idioma propio, para difundilo, prestixialo e convertilo en lingua de uso tamén nos núcleos urbanos".

"Vitaminas para o galego" preséntase o sábado no Festival Terr@ctiva

Correo-e Imprimir PDF

Logotipo da campaña "Vitaminas para o Galego"Bota a andar unha campaña de sensibilización para axudar aos medios de comunicación na lingua propia de Galicia.

"Vitaminas para o Galego" é unha nova iniciativa de dez medios de comunicación en lingua galega que bota a andar mañá cunha presentación pública no festival Terr@ctiva en Arzúa. Os organizadores destacan que "se queremos que haxa transmisión xeracional da lingua, é imprescindible contar con medios a usen, a difundan e a prestixien".

Agreden ao xornalista de La Voz de Galicia no Val Miñor, mentres fotografaba unhas obras ilegais en Oia

Correo-e Imprimir PDF

hotal costa verde Alejandro Martínez, corresponsal de La Voz de Galicia no Val Miñor, sufriu o pasado domingo unha agresión no municipio de Oia cando fotografaba desde a rúa as obras de derrubo da última planta do hotel Costa Verde. Ademais da violencia física e verbal o xornalista denuncia que sufriu danos na súa cámara fotográfica que lle foi arrebatada da súa man.

Rajoy: “No va a haber milagros, tampoco los prometimos”. Maioría absoluta do PP no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

{plusone}

Os resultados no Val Miñor coinciden coa media dos resultados nacionais en relación aos dous grandes partidosO PP obtivo a maioría absoluta nos tres concellos miñoranos. Có 100% dos votos escrutados, os populares acadaron o 56,94% dos apoios en Baiona, o 53,84% en Gondomar e o 55,07% en Nigrán . Dos 7 deputados a elexir pola provincia de Pontevedra, o PP leva 4, o PSOE 2 e o restante queda en mans do BNG. Co respecto ao Senado, 3 do PP e 1 polo PSOE na votación provincial. Pola súa banda, o futuro presidente do Goberno Español será o galego Mariano Rajoy, que na súa primeira intervención manifestou a súa vontade de gobernar para todos os españois, sen exclusións máis coa certeza de que “No va a haber milagros tampoco los prometimos”.

Sanidade afirma que a asistencia aos máis desprotexidos está asegurada.

Correo-e Imprimir PDF
{plusone}

Sanidade defende a súa política de asistencia pública e asegura que a mesma "é garantista para os cidadáns que vivan na comunidade, de xeito que as persoas sen recursos económicos suficientes teñan aseguradas en todo momento as prestacións sanitarias." Ante as acusacións vertidas onte pola CIG, que aseguraban unha limitación na cobertura de saúde para as persoas dadas de baixa pola Seguridade Social, Sanidade emitiu un comunicado público onde afirma que pola contraria, a nova política sanitaria autonómica facilita que estas persoas o seu dereito "de forma continuada á asistencia sanitaria pública sen ter que estar tramitando o recoñecemento cada vez que comezan a traballar."

A Xunta bloquea a tarxeta sanitaria dunha muller tras esgotar o seu subsidio de desemprego.

Correo-e Imprimir PDF
{plusone}tarxeta-sanitariaMercedes Amaral acudiu, como noutras ocasións, a pedir cita co seu médico de cabeceira. Para a súa sorpresa, no centro de saúde informáronlle que non tiña dereito á consulta porque a súa tarxeta sanitaria fora desactiva e figuraba de baixa na Seguridade Social. A maiores, Mercedes Amaral está recibindo tratamento por depresión e estrés. Un tratamento ao que agora non pode acceder porque ten denegada a asistencia farmacéutica gratuíta. Para poder mercar as súas medicinas, Mercedes tivo que solicitar a axuda dunha ONG.

O Partido Popular elixe Gondomar para pechar a campaña do 20-N no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

rafaellouzanFinalmente a dirección provincial do PP decidiu facer un mitin conxunto das agrupacións miñorás. O mesmo terá lugar o vindeiro venres 18 de novembro ás 20:30 horas no pavillón de deportes de Gondomar. A presentación das candidaturas e o programa electoral estará a cargo dos dirixentes Agustín Hernández,Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Rafael Louzán, Presidente Provincial do Partido Popular, Irene Garrido, candidata ao Congreso dos Deputados, e os Alcaldes de Baiona, Nigrán e Gondomar, Jesús Vázquez Almuiña, Alberto Valverde e Fernando Guitián, respectivamente.

Samuel Juárez rexeita exonerar aos cabalos do monte da colocación dun microchip de identificación.

Correo-e Imprimir PDF

juarez cabaloOs propietarios dos cabalos salvaxes non terán da súa parte á Consellería de Medio Rural no canto do seus reclamos para eximir aos équidos nesa condición da obriga de colocarlles o microchip. O conselleiro da carteira, Samuel Juárez , deixou clara a súa posición onte na Coruña, tras manifestar que "o valor natural, social, económico, cultural ou mesmo etnográfico do cabalo de monte non exime á Consellería de cumprir a normativa europea sobre identificación de animais a través do seu correspondente dispositivo de identificación (microchip)".

PP, PSOE e BNG deixan fóra dos investimentos publicitarios aos medios en lingua galega.

Correo-e Imprimir PDF

"Ningún destas grandes formacións apostou polos poucos medios que aínda existen en galego para publicitar a campaña electoral." Así conclúen o seu informe os colegas de Galicia Confidencial, sobre a conduta publicitaria dos tres grandes partidos de Galicia de cara ás eleccións xerais do 20-N. O artigo, publicado na edición de hoxe, salienta que "A negativa a meter anuncios electorais en medios en galego sorprendeu a militantes do PSdeG e do BNG. Os dous cargaron contra a Xunta pola evidente falta de apoio aos medios na lingua propia, mentres o Goberno segue a repartir millonarias axudas a dedo entre as cabeceiras en español. "

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL