Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O número de mulleres medra no Val Miñor e supera en 586 aos homes segundo os datos do INE 2011.

O número de mulleres medra no Val Miñor e supera en 586 aos homes segundo os datos do INE 2011.

Correo-e Imprimir PDF

44.110 persoas habitan no Val Miñor segundo a recente achega do Instituto Nacional de Estadística, na que se actualizan os cambios demográficos ocorridos durante o 2011 en todo o territorio español. A bisbarra incrementa así nun 0,36% a súa poboación co respecto ao 2010, nomeadamente 157 novos veciños foron rexistrados nos últimos 12 meses nos padróns de Baiona, Gondomar ou Nigrán. As mulleres constitúen o 50,66% do total de empadroados, 586 máis ca o número de homes da comarca. Nigrán é o único concello que perde habitantes neste período, con 30 empadroados menos que no 2010.

 

Baiona é o concello que máis medrou do Val Miñor.

Baiona rexistra 12.258 empadroados en 2011, 104 máis que no 2010 (+10,23%). Destes 6.156 son mulleres e 6.102 son homes. Gondomar tamén medra o seu padrón con 83 novos rexistros, que eleva o número de habitantes a 13.973 (+0.60%), dos cales 7.078 son mulleres e 6.895 son homes. O concello de Nigrán é o único que rexistra unha baixa, aínda que leve de 30 empadroados menos que no 2010 (-0,17%). Nembargante, a responsabilidade neste caso corresponde aos homes, que baixaron en 39 a súa presenza con respecto ao 2010, xa que o número de mulleres no municipio medrou en 9. En total o números de mulleres empadroadas en Nigrán é de 9.114, mentres que os homes son 8.765.

As cifras no contexto autonómico.

As cifras da bisbarra miñorá contrastan coas globais galegas, onde o 76% dos concellos perderon habitantes. Unha crise que baixa a poboación de Galicia en 2.231 persoas co respecto ao 2010, sendo o número actual de habitantes de 2.795.422 (-0,08%).