Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor As averías nos semáforos de Mañufe e San Pedro da Ramallosa poñen en perigo a peóns e condutores.

As averías nos semáforos de Mañufe e San Pedro da Ramallosa poñen en perigo a peóns e condutores.

Correo-e Imprimir PDF
semaforo-non-funciona

O semáforo situado na estrada Gondomar - A Ramallosa, á altura do cruceiro de Mañufe, leva máis dunha semana inoperativo. O mesmo ocorre co que se atopa no perigoso cruce da estrada de Vilariño a San Pedro da Ramallosa á altura do cruceiro de San Pedro. Neste último caso, a ausencia do mesmo nun punto de nula visibilidade implica que os condutores de vehículos en moitos casos baixen deles para ver se non hai tránsito no sentido contrario. Nos dous casos constatados non existe sinais que advirtan aos viandantes .

Ambas as dúas estradas son as de maior circulación no tráfico entre os municipios de Nigrán e Gondomar, e a súa ausencia provoca diariamente problemas na circulación. Nembargantes se ben en Mañufe o semáforo que controla a circulación cara a Ramallosa está activo, tanto a circulación que baixa polo barrio de Moreira como de Fontán cara a devandita estrada queda nun punto cego á hora de entrar na estrada. No caso de San Pedro a sinalización é nula e non hai visibilidade para vehículos e peóns da circulación contraria no punto de cruce.