Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor EU define candidaturas para o 20-N e convoca a unha asemblea aberta para debater programa.

EU define candidaturas para o 20-N e convoca a unha asemblea aberta para debater programa.

Correo-e Imprimir PDF
candidatos_vigo

As agrupacións miñoranas de Esquerda Unida participarán dunha asemblea de delgados da provincia de Pontevedra para definir candidaturas de cara ás vindeiras eleccións nacionais do 20 de Novembro. A reunión terá lugar o vindeiro sábado 24 de setembro ás 10 horas no Hotel Coia (R/Sanxenxo s/n), en Vigo. Ao mesmo tempo convócase a unha asemblea aberta onde poderán participar non afiliados á corrente política, co fin de debater e achegar ideas para a elaboración dun programa político. Os convocantes salientan a súa intención de traballar xunto con todas as persoas que "forman parte das enerxías sociais alternativas".

A seguido do debate procederase á elección da candidatura de EU para o Congreso e Senado pola provincia de Pontevedra. Votarán os delegados electos nas asembleas comarcais.