Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor 15 km de ríos miñoranos integran a avaliación preliminar do risco de inundación de Augas de Galicia.

15 km de ríos miñoranos integran a avaliación preliminar do risco de inundación de Augas de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
Francisco Menéndez na presentou o estudo sobre o Risco de Inundación en Galicia- Costa.

Son 15,38 km de ríos e regatos da zona delimitada como Ría de Baiona, os que figurarán na presentación preliminar do risco de inundación elaborado por Augas de Galicia, na parte que afecta ao Val Miñor. O seu director Francisco Fernández aclarou que se trata da primeira das fases dos traballos que determina a Directiva de Avaliación e Xestión dos Riscos de Inundación (Directiva 2007/60/CE). Esta norma establece novos instrumentos para reducir as posibles consecuencias das inundacións mediante a xestión do risco, apoiada nunha cartografía de perigosidade e de risco que se xera no propio proceso. O plan a estudo comprende a totalidade da bacía Galicia - Costa.

No informe sinálase que detectáronse 543 quilómetros de río con risco significativo en toda a costa, que se agruparon en 167 áreas con risco potencial significativo de inundación para as que se definirá un plan de xestión de inundacións antes de 2015. No caso miñorano menciónanse os regos As Tres Regueiras, de Bahíña, A Rasa, Zapa, Ponte Muiñas e de Nigrán e Morgadáns; e os ríos Groba, Zamáns e Miñor.

Segundo o manifestado na presentación, esta actuación permitirá a Augas de Galicia establecer novos instrumentos para reducir as posibles consecuencias das inundacións mediante a xestión de risco. Francisco Menéndez sinala que as futuras achegas provintes dos usuarios da auga permitan elaborar un documento definitivo, que será enviado á Comisión Europea e determinará as zonas onde será preciso acometer as seguintes fases da Directiva

O responsable explicou que a segunda fase comprende os traballos de definición de mapas de perigosidade de inundacións e de risco de inundación, para o que son necesarios os estudos de detalle nas zonas cun risco alto.