Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Urxencias Sanitarias 061 afirma estar a desenvolver un novo plan co fin de optimizar recursos.

Urxencias Sanitarias 061 afirma estar a desenvolver un novo plan co fin de optimizar recursos.

Correo-e Imprimir PDF
ambulancia_061

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou nesta xornada que está a desenvolver un Plan de Mellora na rede de transporte sanitario urxente "coa fin de optimizar os seus recursos". O Plan, que comezará a aplicarse no mes de setembro afírmase por parte da institución que "garante a cobertura sanitaria ao conxunto da cidadanía galega."

Ante as críticas que espertou o anuncio do retiro de unidades en varios concellos, no que se atopa o móbil con base na parroquia de Sabarís, en Baiona, o 061 sae ao cruce e afirma que "traballa para o conxunto de todas e todos os cidadáns da nosa Comunidade Autónoma, polo que as ambulancias non teñen asignación local, xa que o seu ámbito de actuación non é xeográfico, senón de tempo de resposta. En consecuencia, estes vehículos non están adscritos a ningún municipio."

O 061 a través dun comunicado público sinala que realiza a distribución xeográfica dos recursos aplicando estudos previos da zona, e nos que se teñen en conta parámetros poboacionais, a demanda, os centros sanitarios de referencia, os accesos aos mesmos, así como as infraestruturas viarias; "todo elo coa fin de que se cumpran os principios de eficiencia e equidade para a poboación galega . Por tanto, o sistema de xestión do 061 dispón de capacidade para mobilizar en cada momento o recurso acorde á gravidade e ao tempo de resposta."

Datos de utilización do servizo segundo o organismo.

O organismo informa no escrito que a cobertura de ambulancias asistenciais de Galicia é de 101 vehículos polo día e 96 pola noite. Os datos históricos da actividade do 061, , segundo esta fonte, " evidencian un importante marxe de mellora. Así, do estudo do total de horas contratadas de ambulancias despréndese que, en horario nocturno, só se utiliza o 17% das horas contratadas."

Urxencias sanitarias está a organizar a actividade de noite asegura que hai un sobreexceso de oferta non utilizada o que obriga a reorganizar o servizo " sempre coa garantía de mantemento de recursos e do tempo de resposta á totalidade da poboación galega."