Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O BNG presenta unha moción nos tres concellos do Val Miñor contra o desmantelamento do servizo de ambulancias.

O BNG presenta unha moción nos tres concellos do Val Miñor contra o desmantelamento do servizo de ambulancias.

Correo-e Imprimir PDF
ambulancia_061

As representacións do BNG de Baiona, Gondomar e Nigrán reclaman a restitución do servizo de ambulancia 061 en Baiona, así como o restablecemento do servizo de segunda ambulancia medicalizada para a área de Vigo. As agrupacións nacionalistas do Val Miñor presentaron simultaneamente nos Rexistros Municipais da bisbarra, unha moción a tal fin.

Esta iniciativa do Bloque materialízase en momentos en que a nivel sindical prepárase unha folga en toda Galicia en contra dos recortes anunciados nos servizos do 061 que xa afectaron as localidades de Marín, Ponteareas, Foz, Vigo e Baiona. Os nacionalistas apuntan ao Decreto de Transporte Sanitario aprobado pola Xunta de Galicia a primeiros de ano (Decreto 11/2011 de 20 de xaneiro), que entre outras medidas, “prevé a eliminación da presenza do técnico-axudante nas ambulancias medicalizadas e a eliminación da obrigatoriedade de pagar o servizo de ambulancia polo SERGAS deixando a porta aberta á posibilidade do copago, etc.”

Con respecto á situación no Val Miñor, o BNG sinala que “tiñamos ata agora dúas ambulancias convencionais do 061, unha en Baiona e outra na Xunqueira. Pois ben, en pleno verán e xusto cando a poboación da Comarca se duplica, ou máis, suprimen a ambulancia de Baiona deixando só a da Xunqueira” . Os nacionalistas que reivindican non só o mantemento do servizo como ata de agora, se non o agregado dunha ambulancia medicalizada para a bisbarra, pregúntanse “ se fan isto no verán, que pasará cando a poboación do Val Miñor se reduza ao seu número normal? “

O Bloque propón aos tres concellos miñoráns un acordo para dirixise á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e ao SERGAS para que procedan ao restablecemento do servizo en Baiona, e a segunda ambulancia medicalizada para o área metropolitana de Vigo, onde actualmente as 500 mil persoas que a habitan son contan con un.

Mobilizacións en Baiona, Ponteareas e Marín

Os traballadores so servizo do 061 porán en marcha a próxima semán movilizacións nos concellos afectados, e os sindicatos planean unha folga xeral indefinida en toda Galicia para setembro se non restablecen os servizos.

A primeira concentración terá lugar na praza do concello de Baiona o martes 23 de agosto ás 12h. O día 24 á mesma hora tera lugar outra concentración en Ponteareas. A mobilización no concello de Marín ainda non ten data fixada.